HomePolíticaEsperta Monforte denuncia o hackeo da súa propaganda electoral

Esperta Monforte denuncia o hackeo da súa propaganda electoral

Na fin de semana as contas habilitadas para divulgar os seus vídeos de campaña deixaron de poder verse.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na actual campaña para as eleccións municipais Esperta Monforte presentaba uns carteis electorais  novidosos, caracterizados por incluir códigos QR acompañando a imaxe de diversos membros da candidatura.

Estes códigos permitían acceder a diversos vídeos onde había unha breve intervención de cada unha das persoas da candidatura, tamén contaban co programa electoral da formación. Pero a raíz do hackeo non se pode acceder aos vídeos .

“Estamos tentando recuperar o acceso a través do código QR . Este hackeo forma parte do xogo sucio e indesexable, que ás veces contamina a confrontación política. Apostamos polo xogo limpo e democrático onde a verdade e o respecto estean por encima de todo,” conclúen desde Esperta Monforte.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...