HomePolíticaA Xunta avala as iniciativas do PP de Monforte sobre economía local...

A Xunta avala as iniciativas do PP de Monforte sobre economía local e abastecemento de auga

En visita a Monforte, Francisco Conde puxo en valor a importancia do sector comercial nas vilas e cidades galegas, contribuíndo a crear emprego e riqueza e a achegar servizos a toda a cidadanía. Pola súa banda a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, coñeceu as iniciativas da candidata popular para afrontar problemas relacionados coa mobilidade e coas infraestruturas hidráulicas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A candidata popular á alcaldía de Monforte, Katy Varela, expresou durante a visita de Francisco Conde a Monforte a súa disposición a apoiar decididamente ao comercio local. Os populares visitaron establecementos que están adheridos ao Bono Activa Comercio, que emite a Xunta de Galicia. Varela sinalou que esta iniciativa, “xunto con outras da Xunta, ten como obxectivo impulsar o comercio local” e destacou que para o PP de Monforte é fundamental potenciar este sector. Manifestou: “Podemos sentirnos orgullos do comercio que temos, con produtos de gran calidade e con establecementos moi ben decorados”.

O programa do Bono Activa Comercio da Xunta chega á súa terceira edición. Trátase dunha iniciativa para incentivar as compras no comercio de proximidade, ao mesmo tempo que se axuda ás familias galegas a facer fronte á suba de prezos pola inflación, e se implica ao conxunto da sociedade no impulso deste sector. No programa, que ofrece descontos de ata 30 euros, participan xa 89 comercios de Monforte de Lemos. Nas dúas edicións anteriores mobilizáronse vendas por preto de 450.000 euros no sector comercial do municipio.

Por outra banda, Ethel Vázquez supervisou con Katy Varela a sinalización ornamental colocada na rotonda de entrada á vila, así como os traballos de mellora da seguridade peonil que se están a executar na estrada autonómica LU-617 na contorna do cemiterio.

Katy Varela e a conselleira abordaron a solicitude de executar unha senda completa nesta vía ao seu paso polo municipio, dotando beirarrúas para garantir que os veciños poidan realizar os seus desprazamentos a pé de xeito máis cómodo e seguro. As populares abordaron a necesidade de conseguir que o Goberno central remate os accesos ao Porto Seco. Trataron tamén os problemas que sofre o abastecemento de auga, Varela lembrou que hai catro anos a consellería presentou ao Goberno central e ao Concello unha proposta de convenio, por importe de 10 millóns de euros, ao que non houbo resposta por parte do Goberno.

PP de Monforte con Ethel Vázquez / PP Provincial

ÚLTIMAS

Multitudinaria Romaría do Faro con entrega de novas xoias para a Virxe

Este domingo, 8 de agosto, o Concello de Chantada celebrou a Romaría do Faro,...

A A.V. do Saviñao solicita do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra dúas intervencións turísticas no municipio

A Asociación Veciñal do Saviñao asegura que o Consorcio de Turismo sinalizou algunhas rutas...

Sarria acollerá o 12 e 13 de setembro as dúas primeiras etapas da Volta a Galicia

O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, e o presidente da Federacion Galega...

120.000€ para a ampliación do aparcadoiro do Polígono do Reboredo

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou o espazo onde se...