HomePolíticaA corporación de Sober volverá ser a primeira de España en constituírse

A corporación de Sober volverá ser a primeira de España en constituírse

A corporación municipal de Sober volverá ser a primeira de España en quedar constituída, xa que celebrará o primeiro pleno ás 00,00 do sábado, a medianoite.

Publicado o

- Advertisement -

O actual alcalde en funcións, Luís Fernández Guitián, do PP, asumirá o bastón de mando por cuarta vez tras conseguir unha maioría absoluta de oito concelleiros nas eleccións do pasado 28 de maio. Agromar Sober foi segunda forza, con dous edís, e o PSOE terceira, cun.

Así, a partir das 00,00 horas do sábado, celebrarase o pleno no que Sober será, por cuarta vez consecutiva –xa o foi en 2011, 2015 e 2019– a primeira corporación en arrincar mandato. “Algo anecdótico que xa se converteu en habitual e que volve pór o foco en Sober“, destaca o rexedor en funcións. Fernández Guitián subliña que en España hai “máis de 8.100 corporacións” que se constitúen o 17 de xuño, pero que Sober “non vai ser unha máis”, senón “a primeira”.

ÚLTIMAS

Declaración de Impacto Ambiental desfavorable para os parques eólicos Agratina e Agromaces na comarca de Chantada

Estes dous parques formaban parte do expediente conxunto PEOL-913 AC (no que tamén se...

San Clodio suspende as Festas Patronais que se celebrarían do 29 ao 31 deste mes

En sinal de dó e respecto polas vítimas, as bandeiras dos edificios municipais ondean...

Se sabes algo deste menor desaparecido, avisa

A Asociación SOS Desaparecidos difundiu unha alerta pola desaparición de Diego L., un menor...

Ribas de Sil contará con servizo de ludoteca en novembro

A Área de Igualdade do Concello de Ribas de Sil informa da posta en...