HomePolíticaCambio nas caras das alcaldías de Taboada e Quiroga

Cambio nas caras das alcaldías de Taboada e Quiroga

Na zona sur da provincia de Lugo, despois das pasadas eleccións municipais, repiten cargo a maioría dos alcaldes que este sábado volvían recoller o bastón de mando.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Volveu ser o popular, Luis Fernández Guitián, o primeiro en tomar posesión do seu cargo como alcalde do concello de Sober. Mentres, na Pobra do Brollón, o nacionalista, Xosé Lois Maceda facíase novamente co bastón de mando, pero na compaña de 4 concelleiros/as e non 5 como reclaman ter acadado nas eleccións municipais do 28 de maio.

Foron os concellos de Quiroga e Taboada os que desde este sábado presentan novas caras nas alcaldías. En Taboada foi elexido alcalde o socialista, Roi Rigueira, con 4 concelleiros/as e o apoio do BNG que conseguía 3. Toma así o relevo de Ramiro Moure que viña exercendo como alcalde co PP nos tres últimos mandatos.

No concello de Quiroga fíxose coa alcaldía, José Luis Rivera de IxQ (Independentes por Quiroga), que obtiña 3 concelleiros/as e contou co apoio de socialistas e nacionalistas. O PP perde a alcaldía quiroguesa e o exalcalde, Julio Álvarez, envía unha carta excusándose por non poder acudir alegando motivos familiares e delegando a entrega do bastón de mando no secretario municipal. No escrito, Julio Álvarez desexou unha boa xestión e ofreceu todo o seu apoio.

José Luis Rivera, alcalde de Quiroga / Concello de Quiroga

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...