HomePolíticaO 22 de xuño no centro cívico de Monforte, "Diálogos sobre identidades"...

O 22 de xuño no centro cívico de Monforte, “Diálogos sobre identidades” para celebrar o Día do Orgullo

Diálogos sobre identidades é o título do acto público que o Bloque Nacionalista Galego de Monforte de Lemos, organiza para celebrar o Día do Orgullo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A cita será este xoves, día 22 de xuño, ás 20:30h, no Centro Cívico do Malecón de Monforte, falarase sobre identidades hexemónicas e subversivas, desde un punto de vista teórico e cultural.

A presentación do acto, correrá a cargo de Candela Piñeiro. A conferencia correrá por conta de Alan Balzac, fotógrafo e escritor monfortino, cuxo traballo xira en torno ao autocoñecemento mediante estudos teóricos e filosóficos. Publicou un primeiro ensaio, La muerte de la identidad” onde emprega teoría, experiencias persoais e fotografía para abordar que é a identidade.

O BNG convida a toda a cidadanía a asistir e participar no coloquio e nesta actividade libre e de balde.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...