HomePolíticaPor Chantada alerta de malestar veciñal pola xestión dos campamentos de verán

Por Chantada alerta de malestar veciñal pola xestión dos campamentos de verán

Xa en anualidades anteriores, Por Chantada sinalou a falta de previsión, a tardanza en anuncialos e a insuficiencia nas datas que non permite conciliar.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Por Chantada asegura que numerosas familias traballadoras lles trasladaron un profundo malestar pola falta de previsión e tardanza en anunciar os campamentos de verán por parte do concello de Chantada. Destacan tamén que son insuficientes para conciliar.

Nesta situación a formación política lamenta que o Goberno municipal non desenvolva políticas de conciliación axeitadas e lembran que, “no 2022 e 2021 xa tivemos que lamentar o tarde e á presa que se organizaron os campamentos, impedindo unha planificación axeitada ás familias, o que mesmo suscitara unha recollida de sinaturas moi numerosa na vila no 2021 e queixas no 2022 por datas e horarios.”

Piden que as prazas dispoñibles se amplíen e sexan suficientes e que coa nova empresa non empeore a calidade do servizo, “que só se fagan campamentos no mes de xullo e non haxa oferta para agosto só incrementa os atrancos para moitas familias poderen conciliar obrigando a recorrer á rede familiar, gastar na oferta privada ou sobrecargando á familia, case sempre á muller, que segue asumindo unha maior carga de coidados e ten que moitas veces deixar de traballar pola imposibilidade de conciliar.”

“Que un ano tras outros se repitan os mesmos erros só pode entenderse como unha falta absoluta de vontade de planificar e traballar para ofrecer servizos á altura do tempo e do que a sociedade chantadesa precisa”, asegura Por Chantada e lamentan que se aposte por empresas foráneas, cando hai empresas na vila que desenvolveron xa noutras anualidades estes campamentos. A escasa oferta municipal deixa todo agosto só con oferta privada, cando concellos moito máis pequenos, coma Pantón ou Saviñao, ofertan todo o verán campamentos.

ÚLTIMAS

“Aquietar a mente”, novo Faladoiro en Quiroga este 30 de abril

María Teresa Taboada, “Tere para @s amig@s”, é de familia quiroguesa por parte de...

A Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón preséntase como unha experiencia

As actividades da Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón déronse a coñecer...

Obradoiro de adolescencia e contido online, este 9 de maio en Chantada

O Concello de Chantada organiza o 9 de maio no Auditorio Municipal de Chantada...

Despois dunha “longa noite de pedra” Galicia recupera a electricidade no 85% do territorio

A Xunta decretou na noite do luns a Emerxencia 3 o que implica que...