Paula Prado asegura que as axudas da Xunta polos incendios do Courel superan os 3M€

A secretaria xeral do PP asegura que, "os propietarios das casas danadas recibiron máis de 1,1 millóns de euros nun tempo récord. Destináronse preto de 800.000 euros a traballos de acondicionamento do terreo e de pistas forestais e 1,25 millóns de euros a outras axudas forestais, a apicultores e a gandeiros, entre 2022 e 2023."

PP visita Courel / PP provincla

Paula Prado asegura que as axudas da Xunta polos incendios do ano pasado na comarca do Courel superan os 3 millóns de euros, “fronte ao ridículo de Sánchez e o seu Goberno, que só trouxo miseria”. Así o valorou Prado nunha recente visita a Folgoso do Courel, acompañada da alcaldesa, Lola Castro, e das candidatas ao Congreso e ao Senado Cristina Abades, María José Gómez e Sara Ruiz.

Durante a visita destacou que na aldea modelo de Moreda, “acaba de implantarse unha granxa en extensivo dedicada á cría de porco celta en ecolóxico, con fin de anticiparse aos lumes forestais mediante o aproveitamento dos terreos.”

“A implicación da Xunta, que cumpriu desde o primeiro día coa palabra dada, contrasta co descaro de Sánchez, que viu a Galicia a facer a foto e despois só puxo trabas e unha infinidade de requisitos para que os afectados se beneficiaran das subvencións do Goberno central”, insitiu a secretaria xeral do PPdeG, que lamentou que en Folgoso só outorgara “unha mísera axuda de 17.000 euros”. Prado tamén trasladou á veciñanza do Courel que, “Yolanda Díaz tamén pasou por Folgoso do Courel a falar do verde que é a súa plataforma, pero nin se lembrou dos damnificados polos incendios”.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here