HomePolíticaUn profesor menos no colexio da Pobra do Brollón para o vindeiro...

Un profesor menos no colexio da Pobra do Brollón para o vindeiro curso

A agrupación socialista da Pobra do Brollón denuncia que a Xunta de Galicia recortará no curso 2023-2024 a praza dun profesor no CEIP da localidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Aseguran os socialistas que tras a xubilación da directora do centro, desde o Colexio de Educación Infantil e Primaria puxeron a situación en coñecemento da Consellería e solicitaron un profesor adicional para poder cubrir as horas de dirección sen afectar á marcha do propio centro.

“Pretenden dar cobertura a esas horas cun profesor compartido co CEIP Rosalía de Castro, en Bóveda, algo que claramente prexudicará tanto ao servizo educativo do propio centro da Pobra como ao alumnado”, subliñoiu o voceiro do PSdeG-PSOE no concello, Adolfo Rubio. Explicou o socialista que o novo director terá que compartir as tarefas de profesorado e dirección cunha titoría e prexudicará ao alumnado porque terán que concentrar as unidades de Primaria.

Ata o momento, o centro mantén tres unidades de Primaria, que se agrupan en dúas nas materias de Educación Física, Plástica, Música e Relixión. A nova situación obrigará a unir os cursos de 1º, 2º e 3º nunha unidade e 4º, 5º e 6º noutra, co conseguinte dano que supón para a realización de certas actividades nas que é imprescindible contar con grupos reducidos, como é o caso dos libros dixitais.

Expón Rubio que no CEIP da Pobra do Brollón contan con nenos e nenas con Necesidades Específicas de Apoio Educativo (NEAE) e alumnado que provén dunha casa de acollida que precisa de atención específica. “Tamén é un centro moi dinámico, implicado e con moitísmas actividades grazas á implicación do profesorado, que verá imposible continuar co seu funcionamento normal se a Xunta non rectifica e amaña esta situación”, denuncia. A pasada semana, a agrupación socialista da Pobra do Brollón participaba na manifestación que organizaba a Federación de ANPAS de Centros de Ensino Público da provincia de Lugo (FAPACEL) para reclamar un plan educativo específico para o rural e en protesta polos recortes en materia de educación pública.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...