HomePolítica"Tomé non solicitou as axudas da Xunta para escolas infantís", asegura Katy...

“Tomé non solicitou as axudas da Xunta para escolas infantís”, asegura Katy Varela

No pleno deste luns debateuse unha iniciativa presentada polo propio alcalde, a petición de varias familias que solicitan á Xunta a construción dunha nova gardaría. Votaron a favor todos os grupos e o PP abstívose porque asegura que “José Tomé non solicitou as axudas da orde da Xunta destinadas a creación dunha escola infantil municipal ou para a ampliación da existente”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A voceira popular, Katy Varela, considera que é unha nova estratexia de José Tomé “para lavarse as mans ante un problema moi importante que temos na cidade e o único que fai é confundir aos veciños e o que é peor, implicando aos cidadáns nun enfrontamento máis coa Xunta”.

Os populares monfortinos recordan que a Xunta subvenciona totalmente as prazas de gardería de 0 a 3 anos, ademais de que desde a aprobación da lei demográfica traballa en consonancia cos Concellos cunha orde de axudas periódicas para mellorar, crear e ampliar as prazas de gardería. “Isto é o que debería facer o alcalde, pero non o fixo”, lamentan.

Doutra banda, Katy Varela recorda que non todas as garderías da contorna son de titularidade autonómica, como é o caso de Sober, A Pobra, Bóveda ou O Saviñao. Son garderías de titularidade municipal que se acollen ás distintas ordes de axuda da Xunta para mellorar e ampliar as súas instalacións.

Dende o PP instan a José Tomé a facer memoria “xa que cando formaba parte do goberno do anterior alcalde, Severino Rodríguez, non aproveitaron a oportunidade de crear novas prazas de gardaría en Monforte polo que agora non se entenden as présas e os reproches cara a Xunta, sobre todo cando implica ás familias monfortinas a través de enganos”.

ÚLTIMAS

Triacastela celebra a súa XIV Feira de Artesanía e produtos locais

O Concello de Triacastela organiza unha nova edición da súa 'Feira de Artesanía e...

Aviso sobre posibles cortes de auga na Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón vén de facer un comunicado público no que...

Exitosa presentación da curta ‘Cara de cona’ en Sober

A curtametraxe 'Cara de cona', con moi boas críticas e recoñecementos en festivais nos...

Julio Ferrín o ‘Recanteiro froiteiro’ do Luar

Julio Ferrín naceu na Ribeira, en Quiroga, e tras vivir uns anos en Arteixo...