HomePolíticaAs estradas provinciais da Pobra do Brollón, das peor conservadas, segundo o...

As estradas provinciais da Pobra do Brollón, das peor conservadas, segundo o PP

Antonio Ameijide e Carmen José López, voceiro e vicevoceira do Grupo Provincial Popular, acompañados de Teddy López, voceiro popular na Pobra do Brollón, visitaron o municipio onde circularon "por algunhas das estradas peor conservadas da provincia."

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na LU-P-4710, de Salcedo á Estación da Pobra do Brollón tiveron problemas para circular ao atoparse fochancas de 40 centímetros de profundidade e de moita envergadura “seguramente unha das tres estradas en peor estado de conservación da provincia. Nótase que hai anos que non se realiza nin o traballo máis mínimo de conservación, xa que hai fochancas duns 40 centímetros de profundidade e varios metros de lonxitude”, explican.

Consideran que o Presidente da Deputación, José Tomé, “só mira para Monforte onde ten permanentemente unha das brigadas de mantemento da Deputación, mentres que as outras dúas realizan traballos en municipios afíns”. Os populares cren que nos próximos catro anos a situación non mellorará, “Hai dúas semanas o goberno provincial negouse a crear unha mesa de traballo para repartir de forma xusta os medios do parque móbil entre todos os concellos lucenses de menos de 20.000 habitantes.”

“Seguimos a ver como o goberno provincial segue a dar as costas a miles de veciños da provincia, mirando unicamente por aqueles que viven en municipios gobernados por PSOE ou BNG, polo que moito nos tememos que seguirá o mesmo guión dos últimos catro anos, equipos de mantemento para os mesmos concellos e ningún para o resto”, conclúen os populares.

ÚLTIMAS

Blas Rodríguez: “Inimaxinábel o traballo que teñen as probas de montaña”

Blas Rodríguez é un deportista apaixonado das carreiras de montaña e do Courel. É...

No Día de Rosalía, Celia Díaz dá unha charla ao alumnado do CEIP de Quiroga

Rosalía de Castro é a escritora máis representativa da lingua e da literatura galegas...

O comité de centros de atención primaria denuncia deficiencias graves na subministración de material

Aseguran desde o Comité que as deficiencias na subministración afectan a produtos básicos necesarios para...

Pregoeiros de cine na Feira do Viño de Quiroga

Edu Soto, é un actor, humorista e cantante español que traballou con con Andreu...