HomePolíticaO BNG de Monforte insiste na creación dun parque para mascotas en...

O BNG de Monforte insiste na creación dun parque para mascotas en resposta aos problemas nos parques de Covas e zona C

Lembran desde o BNG que esta solución xa foi presentada no pleno durante a lexislatura anterior, e que o alcalde rexeitou argumentando que a localización do parque para mascotas era un "tema polémico."

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os nacionalistas fanse eco de que axentes da policía local de Monforte estiveron avisando aos propietarios de mascotas que frecuentan os parques da vila, de que poderían ser sancionados por ceibar aos seus cans e deixalos saír nas zonas de paso, aínda que vaian con correa. Aseguran desde o BNG que o concello xustifica estas advertencias de sanción nas “queixas dos veciños”, esquecendo as reiteradas peticións de espazos habilitados para o libre lecer de mascotas e os seus propietarios, que reclama outra veciñanza “e que ao grupo de goberno parece non importarlle.”

O BNG de Monforte reafirma o seu compromiso coa creación dun parque para mascotas en resposta aos problemas recorrentes nos parques de Covas e a zona C. Esta medida busca, segundo apuntan desde o BNG, satisfacer as necesidades dos donos de mascotas e evitar posibles conflitos con aqueles que poidan sentir incomodidade coa presenza de animais neses espazos.

O BNG salienta que gobernar implica tomar decisións difíciles que non sempre son populares para todos. “Se tivésemos a oportunidade de gobernar, o parque xa estaría en funcionamento. Confiaríamos nas recomendacións dos técnicos do concello e, se fose necesario, consideraríamos a posibilidade de crear máis dun parque”, afirmou Emilio Sánchez.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...