HomePolíticaLáncara concéntrase para esixir á Xunta cubrir a praza do médico que...

Láncara concéntrase para esixir á Xunta cubrir a praza do médico que se xubila

O concello de Láncara convocaba este venres á veciñanza ante o centro de saúde para reivindicar que se cubra a praza do médico que se vai xubilar.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O senador por Lugo, César Mogo, e a deputada no Parlamento de Galicia, Patricia Otero, estiveron xunto ao alcalde da localidade, Darío Piñeiro, e o tenente de alcalde e deputado provincial, Pablo Rivera, entre outros cargos públicos. Á manifestación sumáronse locais de hostalería e comercios, facendo un peche simbólico entre as 12:15 e as 12:30 para acudir á mobilización e en sinal de protesta por esta situación. A veciñanza levaba pancartas, entre as que se lía “Nin máis. Nin menos. Queremos o que temos. Láncara. Por unha sanidade pública e de calidade”.

O PSdeG alerta de que no Centro de Saúde de Láncara, situado na Pobra de San Xiao, agora mesmo atenden tres facultativos. Dous deles teñen 67 e 68 anos, e o terceiro xubílase con 70 anos o vindeiro luns. “Contar cun facultativo menos suporía un gran paso atrás para Láncara. Non cubrir a praza implicaría que os médicos que quedan no centro de saúde aumenten a carga asistencial en máis do 50% cada un, ao ter que repartirse as 1.000 cartillas que xestiona o doutor que se xubila agora”, denuncian os socialistas, que engaden que todo isto “repercute innegablemente na calidade asistencial do servizo, a pesar de toda a vontade que lle poidan poñer os dous profesionais que quedan no centro”. Os socialistas poñen o foco na realidade social de Láncara, cun alto grao de envellecemento e cunha gran dispersión xeográfica.

Concentración Láncara sanidade / PSOE provincia de Lugo

O PSdeG vén de rexistrar dúas iniciativas no Parlamento de Galicia para reivindicar unha solución a esta situación. Por unha banda, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia presentou unha Proposición non de Lei para o seu debate en pleno coa fin de instar á Xunta a que cubra, no prazo máis breve de tempo, a vacante de médico de familia do Centro de Saúde da Pobra de San Xiao. E presentan unha batería de preguntas:

  • Vai a Xunta de Galicia cubrir a vacante do médico do Centro de Saúde da Pobra de San Xiao en Láncara?
  • De ser o caso, que prazos manexa a Consellería de Sanidade para ter cuberta esta vacante?
  • Ante a situación descrita, considera o Goberno galego que a asistencia sanitaria en Atención Primaria estará cuberta de maneira plena e total para a veciñanza do concello de Láncara?

ÚLTIMAS

Quiroga Trail Challenge: máis de 400 participantes inscritos no primeiro mes

O QTC25 comeza a súa particular conta atrás anticipando, por parte da organización, o...

72 persoas con contrato laboral grazas ao Programa Integrado de Emprego do Concello de Chantada

O Programa Integrado de Emprego do Concello de Chantada 23/24, financiado pola Consellería de...

O BNG urxe ao Goberno do PP o arranxo íntegro da LU-651

Iago Suárez lamentou o voto en contra do PP a unha iniciativa que solicitaba...

Teatro para público infantil este 13 de setembro no Multiusos de Monforte

O Concello de Monforte continúa co seu ciclo de teatro correspondente ó segundo trimestre...