HomePolíticaYounous Omarjee pechou este mércores en Taboada reivindicando o sector primario e...

Younous Omarjee pechou este mércores en Taboada reivindicando o sector primario e a colaboración local e europea

O Presidente da Comisión de Desenvolvemento Rexional do Parlamento Europeo, Younous Omarjee, de visita na Ribeira Sacra; foi recibido na ribeira de Taboada polo tenente de alcalde, Xosé Portela, que xunto con outros representantes do BNG trasladáronlle a realidade dos cultivos tradicionais e as súas dificultades.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta visita de estudo e traballo “representa unha oportunidade política de grande importancia para Taboada, nomeadamente para o noso sector vitivinícola”, indicou o tenente de alcalde, Xosé Portela, que lle trasladou ao eurodeputado as problemáticas do sector primario, “a rotura da transmisión xeracional nos traballos e a preocupación desde o local co problema demográfico que afecta a toda Galiza, pero en especial ao interior do país”.

O encontro serviu de plataforma para o diálogo e a cooperación entre o ámbito local e o europeo, fortalecendo lazos interinstitucionais que fomentarán unha maior colaboración en áreas de mutuo interese. No ámbito municipal, e tendo en conta a importancia dos fondos europeos, supuxo unha ocasión política estratéxica para a identificación de oportunidades de financiamento e no traslado das necesidades locais de cara ao futuro. Tamén se fixo avaliación do impacto das políticas públicas, e abordouse o traballo lexislativo do Parlamento Europeo en materia de política local.

As oportunidades de financiamento de xestión directa desde o concellos, como as convocatorias de programas europeos para a restauración de muras, e promoción do turismo vitícola sustentable, foron outros temas da axenda.

O eurodeputado destacou a importancia de conservar estas paisaxes e o que levan unidas, “Vou impresionado coa beleza destas ribeiras que debemos conservar e impulsar como legado paisaxístico e cultural de valor incalculable”.

Ribeira de Taboada / RPF

ÚLTIMAS

Todo listo para o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte

A conta atrás para a sétima edición do 'Festival do Viño da Ribeira Sacra...

As comarcas de Lemos e Quiroga fan que diminúa o paro na zona sur da provincia en xuño

Por comarcas, as de Lemos e Quiroga foron as que tiveron un mellor comportamento,...

O PP pide no Congreso acceso aos expedientes dos contratos na liña ferroviaria Monforte-Lugo que aparecen nos informes da UCO

O deputado monfortino no Congreso dos Deputados, Francisco Conde, e a deputada autonómica...

O BNG demanda a Transportes melloras na N-120A ao seu paso por Pantón

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, sinala a urxencia dos traballos de...