HomePolíticaPor Chantada diríxese a Patrimonio pedindo que "cumpra o que predica"

Por Chantada diríxese a Patrimonio pedindo que “cumpra o que predica”

Por Chantada demanda que a Dirección Xeral de Patrimonio actúe e evite que o Concello de Chantada destrúa carpintarías centenarias, que consideran de gran valor patromonial no casco histórico da vila.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Aseguran que no número 6 da rúa Formoso Lamas estase rehabilitando un edificio sen aproveitar as carpintarías tradicionais, “o que entendemos que é unha aberración e non se comprende como o proxecto non tivo en conta iste feito.”

A coñecida como Casa do Cochero conta cunhas carpintarías de alto valor, “con vigas, portas e armazón da cuberta de grande antigüidade que mostra o bo facer dos nosos devanceiros artesáns. Unha mágoa que as institucións que tanto piden aos particulares sexan as primeiras en destruír o patrimonio común en vez de daren exemplo”, conclúen desde Por Chantada.

Casa do Cochero / Roi Fernández cedida a IGV.

ÚLTIMAS

Información ambiental para a veciñanza no Concello da Pobra do Brollón

O equipo de Axentes Ambientais, dependente da Consellería de Medio Rural, ofrece atención á...

Charla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará...

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...

O PP de Monforte volve reclamar máis seguridade no paso a nivel da Florida

Este paso a nivel volveuse poñer en funcionamento despois das obras na liña ferroviaria...