HomePolíticaClaudio Garrido resalta “a transparencia, o rigor e a firmeza” do goberno...

Claudio Garrido resalta “a transparencia, o rigor e a firmeza” do goberno local no caso do matadoiro

Lembra o alcalde de Sarria que foi o propio grupo de goberno o que, alertado polo Departamento de Tesoureiría, destapou a finais do pasado mes de xullo “desaxustes económicos froito dunha dinámica de cobro herdada de mandatos anteriores”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Garrido lembrou que ata a data celebráronse dúas comisións informativas nas que se lles ofreceu aos grupos da oposición toda a información dispoñible, chegando a cifrar en 165.679 euros a cantidade pendente de ingreso nas arcas municipais nos últimos catros e cuxo prazo de cobro todavía non prescribiu, polo que “o concello seguirá o procedemento que recomenden os servizos técnicos para tratar de cobrar esas cantidades non ingresadas”.

O rexedor local apuntou que, segundo a ordenanza do matadoiro, “o lóxico é proceder ao cobro das taxas pendentes aos usuarios do matadoiro ou suxeitos pasivos e, no caso de que acrediten que xa as aboaron no seu día, será o momento de dirimir outras responsabilidades e localizar o desvío deses fondos.”

“Unha administración ten que actuar ante certezas, non ante crenzas, e nestes momentos o goberno de Sarria non dispón de certezas suficientes para apuntar nin culpar a ninguén saltándose a presunción de inocencia. O concello de Sarria vai seguir actuando con rigor e firmeza”, conlúe o alcalde.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...