InicioPolíticaO PP de Monforte leva a pleno que os horarios de carga...

O PP de Monforte leva a pleno que os horarios de carga e descarga se axusten ás necesidades do servizo

Os concellos dispoñen de normativas para regular o tráfico, onde se contemplan os horarios especiais para as labores de carga e descarga. Segundo os populares eses horarios predefinidos, en moitos casos non se axustan á nova realidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O PP de Monforte defenderá no vindeiro pleno unha iniciativa para que se flexibilicen as normas de carga e descarga contidas no título VI da ordenanza municipal de Tráfico ampliándoas aos tipos de vehículos que estean afectos a unha actividade, permitindo o acceso a estes vehículos ás zonas peonís desde as 6 da mañá ata as 11 da mañá, e deixando realizar a carga e descarga nas zonas habilitadas ao longo de todo o día.

Katy Varela asegura que “temos que ser capaces de poñer en marcha aquelas medidas que potencien o desenvolvemento económico e social do noso municipio, algo para o que cómpre facilitar que os emprendedores teñan as máximas facilidades ao seu alcance para desenvolver a súa actividade”.

O artigo 56 da Ordenanza Municipal de Tráfico enumera os vehículos aos que se lles permite proceder á carga e descarga de mercadorías, deixando fóra ós turismos ou vehículos habituais. “É usual que moitos dos novos autónomos e emprendedores empreguen o seu vehículo particular para traballar polo que urxe actualizar a normativa municipal para facilitar o traballo diario a estes novos profesionais”, sinala. Dende o PP de Monforte defenden a ampliación das categorías de vehículos que poden realizar tarefas de carga e descarga, sempre e cando os responsables destas actividades laborais presenten xustificación neste senso.

Katy Varela tamén ve preciso actualizar os artigos 57 e 59 da ordenanza. O primeiro deles fai referencia á delimitación e sinalización das zonas de carga e descarga, pero “non sempre estes profesionais poden empregar estes puntos xa que por mor do peso, as circunstancias do tráfico ou pola fraxilidade da mercadoría deben de parar noutras localizacións non sinaladas para este efecto” polo que “vemos preciso que, en determinadas circunstancias, se permita que aquel vehículo afecto a unha actividade que necesite parar por estas circunstancias en zonas peonís para a carga e descarga se lle permita a súa entrada ás horas convidas”.

No que atinxe ao artigo 59, referente ao horario de carga e descarga, “debe modificarse en base ás novas necesidades de carga e descarga para o que solicitamos que as zonas habilitadas para este fin poidan empregarse durante todo o día a estes efectos, e que se deixe o horario limitado para a entrada en zonas peonís, incrementando as horas de mañá desde as seis ata as once”.

ÚLTIMAS

Álvaro Gómez, con orixes soberinas, dobre campión nacional de bádminton Sub-11

O Club Escola Rosalía de Vigo de Bádminton vén de acadar uns moi bos...

Éxito de participación na II Carreira contra o Cancro de Monforte

A II Carreira e Andaina “Monforte en Marcha contra o Cancro” que se celebrou...

Un ano de cárcere e tres inhabilitado para ter animais para o acusado de envelenar á gata do veciño en Samos

A maxistrada do Xulgado do Penal número 1 de Lugo inhabilitou durante tres anos para...

Éxito das actividades programadas polo Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra neste outono

O programa Somos de Outono 2023 · A Caída da Folla 2023  contou cun...