HomePolíticaO PP de Quiroga pide acabar cos problemas da veciñanza co subministro...

O PP de Quiroga pide acabar cos problemas da veciñanza co subministro de auga

O voceiro do Grupo Municipal, José Manuel Pol, asegura que, dende o verán "os cortes no uso doméstico son continuos e que incluso os hostaleiros teñen que mercar a auga para facer, por exemplo, os cafés."

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O PP de Quiroga amosa a súa preocupación polo problemas que teñen os veciños co subministro de auga, “O que nos trasladan os veciños é que a traída non ten tampouco a forza suficiente para que os quentadores poidan funcionar á hora de ducharse. As queixas dos bares son tamén unha realidade e a situación non mellora nesta época do ano na que as choivas son máis intensas e abundantes”.

Os populares de Quiroga pregúntanlle tamén ao goberno local polos motivos polos que non convocou este mes o pleno ordinario. Lembran que na constitución da nova corporación acordárase que as sesións celebraríanse cada 2 meses, “polo que tiña que terse convocado o 27 de outubro. Queremos que se nos explique por que non tivemos a sesión que correspondía. É un dereito que temos e é a nosa obriga como grupo municipal fiscalizar a acción do goberno”, conclúe José Manuel Pol.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...