HomesociedadeMelloras no Parque da Alameda de Chantada

Melloras no Parque da Alameda de Chantada

A Xunta de Galicia achegou 35.000 euros ao Concello de Chantada para realizar obras de mellora e ampliación.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, comprobou o pasado mércores 15 de novembro o resultado da actuación de mellora e ampliación do Parque Infantil da Alameda, a carón do río Asma e o Paseo Fluvial. As obras foron financiadas con cargo á orde de axudas da Vicepresidencia primeira para a creación e acondicionamento de infraestruturas municipais.

O proxecto contemplaba incrementar a superficie da zona de xogos desde os 48 metros cadrados ata case 120. Ademais, renovouse o pavimento; incorporáronse elementos como un tobogán, balancíns e bambáns –entre outros– e instalouse un valado de madeira nunha parte do perímetro.

OUTRAS OBRAS REALIZADAS A CARGO DA XUNTA EN CHANTADA

Arias aproveitou a súa presenza para sinalar que no período 2020-2023 o Goberno galego concedeu 137.200 euros ao Concello de Chantada a través dun programa de colaboración cos concellos para a creación e mellora, entre outras cousas, de  infraestruturas, instalacións e equipamentos públicos como parques infantís, camiños ou redes de alumeado. Neste senso lembrou a construción de vestiarios no complexo deportivo do parque Eloísa Rivadulla, a colocación de xogos infantís no parque de Sangoñedo e a instalación de pistas de pádel na contorna do pavillón municipal.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...