HomePolíticaO BNG de Pantón quere abrir furanchos no municipio para dinamizar o...

O BNG de Pantón quere abrir furanchos no municipio para dinamizar o sector vitícola

O BNG de Pantón vén de rexistrar unha moción para levar ao vindeiro pleno ordinario. Nela plantexan a posibilidade de abrir furanchos, negocios de tempada para vender os excedentes do viño.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os nacioalistas aseguran que os furanchos son establecementos que van permitir darlle vida ás aldeas, e axudarán á desestacionalización do turismo ademais de supoñer unha oportunidade para a venda directa do viño nun contexto no que os excedentes de viño nas adegas obrigan aos produtores a buscar alternativas de comercialización. “Cunha ordenanza municipal que permita e regule este tipo de establecementos ábrese unha alternativa para os viticultores de Pantón que ata agora non tiñan”, asegura Rosana Prieto, portavoz municipal do BNG.

“Nun concello produtor, onde o sector vitícola representa unha das apostas posibles para as persoas que queiran facer un proxecto de vida no noso concello, abriríanse así novas vías para a venda do viño, pero tamén para atraer turismo que deixe cartos no territorio”, conclúen desde o BNG.

ÚLTIMAS

Este 18 de agosto desde as 20:30 celébrase no Pavillón Municipal de Chantada o I Torneo de Fútbol Sala Terras do Asma

O Torneo que se disputará este martes, 18 de agosto desde as 20:30h no...

Quiroga mellora o local social cunha axuda do Leader

A Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural, destinou 13.400 euros...

Entrega de trofeos do Torneo de Golf Concello de Monforte

O Club Deportivo Río Cabe Golf foi o encargado de organizar este evento, que...

Festas en Santa Cruz de Brosmos e concerto de Carlos Núñez no Pazo de Sober

Os días 22 e 23 de agosto, a parroquia soberina de Santa Cruz de...