HomePolíticaO monfortino, Francisco Conde, presidente da Comisión Mixta para a Unión Europea

O monfortino, Francisco Conde, presidente da Comisión Mixta para a Unión Europea

O deputado no Congreso por Lugo, Francisco Conde, vén de ser elixido presidente da Comisión Mixta para a Unión Europea. Trátase do órgano, no que están representadas as dúas Cámaras parlamentarias, e que é o encargado de facer seguimento da actividade lexislativa e outras actuacións da UE, como poden ser os fondos Next Generation.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Francisco Conde, que recentemente tamén foi nomeado voceiro de Industria na Cámara Baixa, asume a nova responsabilidade “co compromiso e o rigor que esixe”, pois, di, “o desenvolvemento deste fondos e o seu reparto ás Comunidades, son cruciais para o desenvolvemento dos territorios dende o punto de vista da recuperación económica e a sostibilidade”.

Segundo avanza, a primeira comparecencia en dita Comisión versará sobre este asunto. Dito órgano está integrado por outros 38 membros dos respectivos grupos políticos con representación no Congreso e do Senado.

Conde estrearase este mércores no Pleno do Congreso cunha pregunta ao novo ministro de Industria, Jordi Hereu, a través da que demandará ao Goberno que concrete se está disposto a manter os compromisos asumidos polo seu predecesor no cargo para garantir que a empresa Altri se asente en Palas de Rei.

Concretamente, Francisco Conde interesarase pola viabilidade deste proxecto que está centrado na sostibilidade e o fomento da economía circular, e que permitirá producir en España o 3% da produción mundial de fibras sostibles e suporá un investimento de máis de 900 millóns de euros e a creación de 2.500 empregos.

ÚLTIMAS

Mans artesás, un programa para impulsar a artesanía na provincia

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en marcha un nova iniciativa de promoción...

A pregoeira da Festa do Caldo de Ósos de Taboada enxalza as súas propiedades curativas, “Estamos mellor ca nunca”

Mercedes Vázquez lembrou como a iniciativa naceu da asociación cultural O Carballo e pronto...

Medio Rural destaca as agrupacións forestais de xestión conxunta para evitar o abandono do monte

A conselleira que tamén estivo acompañada polo alcalde do Incio, Héctor Manuel Corujo, destacou...

O BNG de Pantón reclama ao Congreso solucións á situación de Santo Estevo do Sil

Desde o BNG consideran necesario solucionar os accesos a Santo Estevo do Sil e...