HomePolíticaO BNG levará unha iniciativa ao Parlamento Galego para reducir o número...

O BNG levará unha iniciativa ao Parlamento Galego para reducir o número de accidentes na N-120

A estrada N-120, ao seu paso polas provincias de Lugo e Ourense, é un dos puntos negros da rede de estradas estatal. O risco de accidente aumenta coa choiva.

Publicado o

- Advertisement -

A vice-voceira do BNG, Olalla Rodil reclamará á Xunta que se dirixa ao Ministerio de Fomento “para esixirlle a adopción de medidas que garantan a seguridade na N-120 ao seu paso polas comarcas de Lugo e Ourense”.

A estrada N-120, ao seu paso polas provincias de Lugo e Ourense, converteuse nos últimos anos nun dos puntos negros da rede de estradas estatal. A finais do pasado ano 2017 o programa europeo de valoración de estradas (EuroRAP) situou 14 quilómetros deste vial (entre os km. 535,2 e 549,5) como o punto de maior risco de accidentes de todo o Estado.

As curvas e a pendente da estrada así como a falta de mantemento e especialmente a progresiva degradación do pavimento levan provocado numerosos accidentes. Os máis recentes foron catro, en apenas unha semana, no tramo coñecido como as curvas de Abrence, no concello da Pobra do Brollón. O risco aumenta exponencialmente cando se producen choivas, algo habitual no noso país.

N-120. Quilómetro 509,600 dirección Monforte. Fonte: Benxamín Macía
N-120. Quilómetro 509,500 dirección Quiroga. Fonte: Benxamín Macía.

A N-120 é unha vía de comunicación fundamental para as comarcas do interior do país como evidencia a intensidade de tránsito que rexistrou en 2017, con máis de 4.200 vehículos diarios.

ÚLTIMAS

A D.O. Ribeira Sacra presente no Salón Gourmets de Madrid

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra estará un ano máis no...

675.000€ para a mellora de estradas provinciais en Chantada en Taboada

Na Ribeira Sacra, a Deputación investirá 345.804,51€ para actuar nos seis primeros quilómetros da...

Chantada acolle as primeiras Olimpíadas Galegas do envellecemento saudable

Este xoves tivo lugar en Chantada a presentación das I Olimpíadas do Envellecemento Saudable,...

O Conservatorio Municipal de Música de Monforte celebra o seu 25 aniversario desde este 10 de abril

Durante a presentación do programa, o alcalde, José Tomé Roca, repasou a historia deste...