HomePolíticaCourel Vivo leva a pleno unha moción para mellorar a cobertura móbil...

Courel Vivo leva a pleno unha moción para mellorar a cobertura móbil e o acceso a internet

"A Xunta de Galicia, competente neste servizo, a través de AMTEGA (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia) aprobou 3,7 millones de euros para o período 2022-2023 para dotar de cobertura móbil a 290 núcleos de 65 concellos. No caso do Courel, adxudicaron mellora de cobertura de Ferreiros (un das aldeas que menos cobertura ten). Xa rematado o 2023, nada se sabe de cando se instalará", quéixanse desde Courel Vivo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A formación política asegura que Folgoso do Courel é un dos concellos que peor velocidade de acceso a internet ten tamén máis zonas brancas (que non teñen cobertura de rede móbil ou GSM). “Mentres se levan anos mellorando as velocidades inalámbricas de vértigo nas urbes, ao rural dificilmente nos chega 3g e mesmo en moitas aldeas hai dificultades para recibir unha chamada desde ó móbil”, afirma Courel Vivo.

Aseguran que vai a peor a cobertura en moitas aldeas e hai constantes avarías de repetidores e fibra óptima que deixan incomunicada á veciñanza, “tras ano e medio dos lumes, ainda seguen as conexións pola cuneta entre Quiroga e Seoane. Polo que o abandono das compañias e da administración competente cara o Courel, queda demostrada”.

Isto ocasiona, desde trastornos á hora de ir á banca, centros de saúde, chamar por teléfono… ou para desenvolver un traballo a distancia desde a casa, “Con estes servizos tan deficientes , é moi difícil pedir que se asenten emprendedores e empresas no noso concello se non hai unhas infraestruturas en condicións”.

“Vemos que de 290 actuacións que Antega aprovou nos últimos dous anos, só unha mellora no Courel, mentras que noutros concellos implementan máis de 20 novas instalaccións de mellora. Vemos tamén como nos deixan fora de plans como o Plan Galicia 5G ou do que xestiona axudas europeas para a mellora da conectividade. No 2019 desde CV, xa fixemos unha reclamación a Unión Europea amparándonos nas súas directrices sobre o tema, que no noso territorio non se está a cumprir”. Con estes antecedentes Courel Vivo pídelle ao pleno do concello con esta moción as seguintes cuestións:

  • Solicitarlle a Amtega e á Xunta de Galicia a especial condición do Courel e incluír o concello na Estratexia Galicia Digital 2030 para erradicar esta falta de cobertura 4g. Incidir en actualizar as que son 3g a 4g e que as novas se instalen xa todas nesta ou superior tecnoloxía.
  • Solicitarlle ó Ministerio de transición ecolóxica que subsane os datos que non din a verdade sobre a implantación do 4g no Courel e incluilo de forma prioritaria nos plans de mellora de cobertura e acceso a internet.
  • Solicitarlles que todas as novas antenas que se instalen no Courel veñan dotadas de 4g ou 5g e non gastar diñeiro público en tecnoloxías obsoletas.

ÚLTIMAS

A Garda Civil investiga a un gandeiro de Chantada por suposto delito de malos tratos animais

Segundo informaron fontes da Comandancia, nunha inspección realizada por axentes da Garda Civil e...

20 persoas rematan formación no Obradoiro de Emprego de Monforte que pronto comezará unha nova edición

Os participantes no obradoiro levaron a cabo a rehabilitación e restauración das naves da...

A Vicepresidencia da Deputación ofrece 50.000€ anuais para o Matadoiro de Sarria

Na xuntanza, na que participaron o alcalde de Sarria, Claudio Garrido, a alcaldesa de...

Soños da compañía Arte Feito, este 21 de outubro no Multiusos de Monforte

Ás 20:15h terá lugar a posta en escena da obra para adultos Soños, da...