HomePolíticaOs populares pídenlle a Tomé solucións "á nefasta imaxe que levan os...

Os populares pídenlle a Tomé solucións “á nefasta imaxe que levan os turistas das estradas da Deputación”

A Ribeira Sacra e o Camiño de Inverno son dous motores económicos importantísimos para a provincia e considera o PP, que dende a Deputación hai que coidalos e tratalos como se merecen, “non se pode poñer en risco aos peregrinos e condutores polo abandono da rede viaria provincial nin dar a nefasta imaxe que dan ao turista as estradas totalmente abandonadas da Deputación de Lugo”

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os deputados provincias, Antonio Ameijide, Carmen José López e Luis Fernández, acompañados do alcalde do municipio, Carlos Armesto, e varios concelleiros do equipo de goberno comprobaron como o estado das estradas de titularidade municipal que discorren por este concello “precisan de varias intervencións para mellorar o seu estado”.

Unha das vías nas que entenden que é urxente actuar é a LU-P-5806 Freán – Diomondi, unha estrada na que é preciso mellorar o firme, limpar as cunetas e mellorar a seguridade xa que é unha vía que comparte o tráfico rodado coas persoas que realizan o Camiño de Inverno. “Sería necesario, ademais de mellorar o estado desta estrada, sinalizar correctamente que haberá persoas camiñando pola vía, ademais de, nas zonas nas que sexa posible, separar o tráfico rodado dos peregrinos en prol de garantir a seguridade”.

Tamén aseguran que precisan arranxos urxentes, a LU-P-5802 Porto – O Casar – Corneas; a LU-P-5804 Rebordoniego – Aiaz – Morgade, a LU-P-5815 Monforte – Currelos, a LU-P-5807 Lamaquebrada – Montecelos, a LU-P-5812 Vilanova – Campoverde – Xesteira, a LU-P-5819 Belesar – Portotide – Praia da Cova ou a LU-P-4102 Ferreira – Currelos.

“O que vimos é que levan moito tempo sen realizar os arranxos necesarios nestas vías e, cando o fixeron, o que fixeron foron parches en lugar de aglomerar en quente”, explicou Ameijide, ao que engadiu que “non é un consolo, pero o certo é que os veciños do Saviñao tamén sofren o municipalismo de amiguetes imposto por Tomé, de axudar unicamente a aqueles municipios gobernados por socialistas que sexan da súa corda”.

Antonio Ameijide destaca que tanto a Ribeira Sacra como o Camiño son dous motores económicos “importantísimos” para a provincia, polo que o goberno provincial “debería de preocuparse e coidalos” como se merecen “sen poñer en risco a peregrinos e condutores polo abandono a rede viaria provincial, como tampouco se pode dar a nefasta imaxe que levan os turistas das estradas da Deputación”.

ÚLTIMAS

Sorteo de prazas do Programa Activa Monforte o 14 de outubro

O sorteo público de prazas do Programa Activa 2026-2027 que se celebrará o vindeirmércores...

O 17 de outubro “Vémonos no Camiño” percorrerá o treito entre Pantón e Belesar

A andaina comezará ás 10:00 horas no Mosteiro de Ferreira de Pantón, nunha xornada...

Marta Marqués e Alberto Fidalgo, campións galegos de Marcha Nórdica

Manzaneda acolleu o pasado 3 de outubro a 2ª Copa Galega de Marcha Nórdica,...

O 6 de novembro proxéctase en Quiroga “Prisciliano e a Gallaecia”

Trátase dunha serie de encontros divulgativos sobre Prisciliano, que contará coa participación de Aser...