HomePolíticaO PP de Monforte presentará alegacións á ordenanza de tráfico para maior...

O PP de Monforte presentará alegacións á ordenanza de tráfico para maior flexibilidade horaria

Os populares piden a retroactividade da norma ata a data na que entraron en funcionamento as cámaras e que non se multe ata a entrada en vigor definitiva da nova normativa, podendo realizar mentres unha labor informativa cos usuarios.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os populares de Monforte presentarán alegacións ao borrador presentado polo equipo de goberno para modificar a ordenanza de tráfico no referente á carga e descarga en zonas peonís. No pleno de decembro o goberno local presentou a súa proposta de modificación da normativa, “É certo que houbo certos avances pero tamén o é que é necesario dar maior flexibilidade aos horarios”, sinala Katy Varela.

A limitación horaria (de 8:00 a 11:00 e de 16:00 a 18:00 horas) fai que os particulares e os profesionais quéixense das dificultades de cinguirse a ese horario. Ademais de maior flexibilidade horaria, os populares pedirán que se engada unha cláusula “para garantir a retroactividade da norma ata a data na que entraron en funcionamento as cámaras, de modo que decaia a validez das multas impostas polas cámaras e procédase á devolución do diñeiro”.

“A realidade é que o PSOE de Monforte tamén pode aplicar unha amnistía total para todas as multas interpostas nestas zonas desde que empezaron a funcionar as cámaras poñendo o contador a cero nesta vixilancia exhaustiva ata o intre no que se aprobe a ordenanza de forma definitiva, empregando este tempo como un período informativo da nova regulación para os usuarios”, conclúen.

ÚLTIMAS

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...