HomePolíticaLucía Villamor dirixirá a nova agrupación das Xuventudes Socialistas de Taboada

Lucía Villamor dirixirá a nova agrupación das Xuventudes Socialistas de Taboada

A constitución das XSG de Taboada contou cunha ampla presenza de militantes e cargos do PSdeG e das Xuventudes da provincia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nun acto que tivo lugar este venres pola tarde na sede municipal da agrupación, as Xuventudes Socialistas constituíron a súa agrupación na vila. Esta constitución, contou cunha ampla presenza de militantes e cargos do PSdeG e das Xuventudes da provincia e doutras partes de Galicia como Lugo, Monterroso, Ourense ou Vigo.

Lara Méndez, candidata número 2 por Lugo e Vicesecretaria Xeral do PSdeG, resaltou a importancia de facer chegar a mensaxe do partido á mocidade e ás mulleres. Ela, que desempeñara o papel de Secretaria Xeral das XSG de Cervo, recordou a súa etapa na organización moza.

O Secretario Xeral das XSG, Xurxo Doval, destacou a necesidade nun cambio real das políticas da Xunta para dotar á mocidade do rural de “oportunidades reais” como, indica, “si fai a Deputación con José Tomé ou como fixo con Besteiro”. Ademais, quixo avanzar algunhas das medidas para o rural que as Xuventudes Socialistas presentarán nos vindeiros días, tales como a mellora da mobilidade ou un programa de loita contra o “sexilio” das persoas LGTBI.

Lucía Villamor, a nova Secretaria Xeral da Agrupación, pechou o acto destacando o ánimo do seu equipo para aportar todo o seu esforzo na mellora da vila da man do Concello e do PSdeG de Taboada. A súa Executiva estará composta por tres áreas máis: Organización e Acción Electoral, Política Municipal e Igualdade.

ÚLTIMAS

Quiroga será o primeiro municipio da provincia en contar cun mapa sociolingüístico escolar municipal

Henrique Monteagudo, José Luis Rivera Castro e Valentín García rubricaron o documento nun acto...

Imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

O Concello de Monforte de Lemos celebrou este luns pola tarde o Pleno extraordinario...

D.O. Ribeira Sacra: baixada de existencias e repunte de vendas

Nun comunicado de prensa, o Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra informa dun escenario...

Comeza o estendido do aglomerado na estrada que une Ferreira e Currelos

A institución provincial inviste nestas obras 118.000€. Executa as actuacións a empresa FEVISA Vía...