HomePolíticaO PP de Monforte insiste na necesidade dun plan de seguridade na...

O PP de Monforte insiste na necesidade dun plan de seguridade na contorna dos centros educativos

Os concelleiros populares en Monforte lamentan a postura do equipo de goberno ao votar en contra de elaborar un plan de mellora da seguridade viaria nas proximidades dos centros educativos para mellorar a seguridade dos estudantes, sobre todo nas horas de entrada e saída.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A voceira popular de Monforte, Katy Varela, explica que esta proposta naceu froito de convesas con pais, nais e profesorado que reclaman elaborar este plan para dotar de maior seguridade ás contornas cos colexios, “un plan que debería de realizarse tendo en conta as opinións dos axentes implicados para coñecer con maior exactitude as inquedanzas e poder levar a cabo este plan da mellor maneira posible”.

Insisten desde o PP en que os momentos de maior circulación do día danse coa entrada e saída dos centros escolares. Segundo a localización dos centros, algúns teñen problemas. “Pais e profesores trasladáronnos a importancia de que houbese máis vixilancia nas entradas e saídas dos centros, e incluso a posibilidade de reservar prazas de aparcamento para persoas con mobilidade reducida e aparcamentos para bicicletas, ademais de maior control de que se lle permita o estacionamento os autobuses e non estean as prazas reservadas a este efecto por outros vehículos”, indicou Varela.

Finalmente, Katy Varela agarda que “José Tomé reaccione e teña a ben elaborar este plan xa que estamos a falar de mellorar a seguridade dos menores que acoden cada día ao seu centro educativo”.

ÚLTIMAS

Este 18 de agosto desde as 20:30 celébrase no Pavillón Municipal de Chantada o I Torneo de Fútbol Sala Terras do Asma

O Torneo que se disputará este martes, 18 de agosto desde as 20:30h no...

Quiroga mellora o local social cunha axuda do Leader

A Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural, destinou 13.400 euros...

Entrega de trofeos do Torneo de Golf Concello de Monforte

O Club Deportivo Río Cabe Golf foi o encargado de organizar este evento, que...

Festas en Santa Cruz de Brosmos e concerto de Carlos Núñez no Pazo de Sober

Os días 22 e 23 de agosto, a parroquia soberina de Santa Cruz de...