HomePolítica"15M€ para renovar a área de hospitalización e de consultas externas e...

“15M€ para renovar a área de hospitalización e de consultas externas e 21 novos especialistas”, anuncia Comesaña no Hospital de Monforte

Julio García Comesaña, titular de sanidade, explicou xunto a Raquel Arias e Katy Varela, que “a remodelación integral do centro recóllese no Plan Director que dispón xa de partida orzamentaria para comezar a desenvolver neste ano”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O proxecto inclúe, segundo explicou o titular de sanidade, a construción dun novo edificio anexo ao actual hospital no que concentrar todas as áreas administrativas, de dirección e de mantemento. Desta forma permítese dedicar a planta baixa ás instalacións ambulatoria (gabinetes e consultas das distintas especialidades médicas) e, grazas ao espazo que esas consultas deixen nas plantas superiores, poderanse iniciar as reformas sucesivas das distintas áreas de hospitalización.

“É un proxecto moi pensado e planificado que xa ten unha partida orzamentaria para inicialo nos orzamentos deste ano. O Plan Director para renovar toda a área de hospitalización e de consultas externas do hospital suporá un investimento de 15 M€. Comezarase a desenvolver despois das obras para un novo laboratorio de microbioloxía e unha nova área de cardioloxía que onte mesmo a Xunta sacaba a contratación por 1 M€”, apuntou Comesaña.

Destacouse o compromiso do Goberno Galego con este centro hospitalario, “a finais do 2021 contouse cun novo hospital de día oncohematolóxico e polivalente e unha nova farmacia para este hospital cun investimento de 1,5 M€ e, en xaneiro do 2022, do novo laboratorio de análises clínicas e de bioquímica; e o investimento de máis de 1M€ na renovación da tecnoloxía neste hospital -un novo TAC, dous ecógrafos, un equipo radiocirúrxico, cinco sistemas de anestesia, sete lámpadas cirúrxicas ou oito estacións de quirófano”.

García Comesaña subliñou tamén “a incorporación de 21 novos especialistas con praza fixa neste hospital” a través do primeiro concurso de méritos desenvolto polo Goberno de Rueda. E isto é posible trala aprobación dunha lei “para poder ofrecer sen oposición as prazas dos hospitais comarcais e así incentivar aos médicos a vir a elas”.

“O Goberno do PP está a incentivar a cobertura de prazas nos hospitais comarcais. E fronte a isto, socialistas e nacionalistas, sempre en contra. Aprobouse esa lei a pesar do voto en contra do PSOE e do BNG, que probablemente pensarían que afogar aos hospitais comarcais lles ía dar réditos electorais”, conclúe Comesaña.

ÚLTIMAS

Comeza a andar un novo Obradoiro de Emprego de Xardinaría en Bóveda, O Incio e A Pobra do Brollón

Este Obradoito Dual de Empreo está promovido polos concellos e financiado pola Consellería de...

“O perpetuo movemento da creación” no Centro do Viño da Ribeira Sacra

Cristina Vázquez, nacida en Barcelona en 1973, estudou arte, deseño de moda e patronaxe....

Sober convoca 4 certames de Nadal

O Concello de Sober vén de anunciar catro concursos para fomentar a participación da...

OPINIÓN: As mulleres traballadoras poderán ampliar o seu permiso de maternidade se encabezan unha familia monoparental

Por nacemento e coidado do menor (o que antes viña sendo o “permiso de...