HomePolíticaA Xunta Electoral de zona resolve que a pancarta do PP no...

A Xunta Electoral de zona resolve que a pancarta do PP no Oso de Salcedo era ilegal

Esta resolución chega despois dun Pleno convocado polas formacións políticas do BNG e o PSOE na Pobra do Brollón no que o portavoz do PP acusou ás outras formacións de querer apropiarse desta festa e rematou abandonando o pleno.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O BNG denunciaba ante a Xunta Electoral de Zona que o PP tiña colgado unha pancarta electoral antes da celebración do Oso de Salcedo nun espazo non autorizado. Agora a Xunta Electoral pronúnciase e os nacionalistas aseguran que tiñan razón, “pendurar esa pancarta foi unha acción ilegal, e non o di o BNG, dio a lei, á que tamén debe someterse o PP”.

Desde o BNG comarcal lembran que antes de comezar a campaña estableceron un contacto coa Asociación de Salcedo para pedir permiso para gravar imaxes do Oso, “xa que este entroido é Ben de Interese Cultural de Galiza, e fai parte do patrimonio inmaterial que acompaña a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade. Unha tradición e un símbolo de valor e propiedade universal digno de facer parte dun vídeo que queira visibilizar e poñer en valor a cultura galega”.

Aseguran que pediron permiso por respecto á veciñanza, e que rapidamente obtiveron resposta negativa, “por non querían meter a política no Entroido”. Rosana Prieto Florines responsable comarcal do BNG no Sur de Lugo, agradece a rápida resposta da asoción e condena “as accións e formas do portavoz popular na Pobra do Brollón amosando unha tremenda falta de respecto pola veciñanza, polas institucións e incluso polo cargo que ocupa que é de carácter representativo. É unha mágoa, porque o único que conseguiu foi enfadar e enfrontar a veciños, poñendo no centro do entroido os seus intereses persoais e de partido en prexuízo da tradición, do Oso, e do interese colectivo”.

ÚLTIMAS

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón volve apostar na súa programación de Nadal polo Mercado de...