HomePolíticaCase 13 millóns de euros para os orzamentos de Monforte no 2019

Case 13 millóns de euros para os orzamentos de Monforte no 2019

Contémplase un aumento do importe destinado o gasto social e máis axudas para o deporte e a cultura

Publicado o

- Advertisement -

Presentada as propostas de orzamentos do concello de Monforte para o vindeiro 2019, que ascende a 12.849.221,06€; supón un incremento do 1,75% con respecto ao ano anterior.

No 2019 increméntase o importe destinado o gasto social: a partida da axuda a domicilio pasa de 1.050.000 euros a 1.171.322, o que representa un 11,5% por cento máis. Aumentouse a partida de emerxencias sociais,que pasa de 35.000 a 45.000 euros, un aumento de case o 29%. Mantense a partida para as asociacións sociais e para axuda ó autobús dos estudantes universitarios.

A partida prevista para as Festas Patronais será de 188.000 euros, a misma que os anos anteriores e tamén se manten a partida de 17.500 euros para axuda ás festas dos barrios e das parroquias.

No apartado deportivo, a proposta de orzamentos inclúe un incremento de, aproximadamente, 50.000 euros:

  • 10.000 euros para mellorar a cuberta da piscina municipal e suprimir as humidades
  • 25.000 euros para cubrir os gastos dos Xogos do Eixo Atlántico, que se van celebrar na cidade portuguesa de Braga
  • 14.292,50 euros destinados ós clubs e entidades deportivas.
  • 000 euros para axudas a deportistas individuais, así como diversas subvencións para trofeos e organización de eventos.
  • As subvencións os clubs para o 2019 ascenden a 107.760 euros

No destinado á área de cultura, tamén aumenta o orzamento en máis de 27.000 euros, dos que 12.000 euros, serán para actividades culturais e para a  Feira Medieval e os outros 15.000 euros irán destinados á adquisición de medios técnicos para o edificio Multiusos e o Conservatorio municipal.

Polo que respecta a outras entidades, manteñense as seguintes axudas

CCU………………10.000 euros

Clarisas……………3.000 euros

Náufragos do Paradiso……3.800 euros

Fancine de Lemos…………..3.000 euros

Cine Club A Calexa…….. 1.500 euros

Museo Ferrocarril……………8.000 euros

Cáritas…………………….5.000 euros

Cruz Vermella……………..2.000 euros

Semente Monforte…………….2.000 euros

Asociación Placeiros……………2.000 euros

Asociación Hosteleiros………….2.000 euros

ÚLTIMAS

L∃EMOS, novo selo de Agrasar Editores que abre a porta a xéneros e voces universais

Desde a súa fundación, Agrasar Editores, foi un piar na preservación e promoción da...

Horario do bus urbano de Monforte os días 5 e 9 de decembro

O Concello de Monforte informa que a empresa de transportes concesionaria do servizo do...

O xulgado arquiva a denuncia por violación grupal nun pub de Sarria

A xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Sarria decretou...

Este 6 de decembro celébranse os XII Cantos de Taberna da Pobra do Brollón

Todos os grupos pasarán ao longo do serán polos seis bares do municipio: Avenida,...