Dos 88,4 millóns de euros do orzamento da Deputación para o 2019, o sur da provincia recibe…

As dotacións serán para o Plan Único de estradas, centros da Terceira Idade, o Depuemprego, servizo a domicilio, deporte, música, turismo, deporte e artesanía.

Deputación Provincial de Lugo / ocioengalicia.com

O orzamento da Deputación Provincial para 2019 é de 88,4 millóns.  A zona sur de Lugo beneficiarase de dotacións nas seguintes partidas:

Na partida do Plan Único de estradas, patrimonio público ou novas dotacións

11 millóns destinanse para obras en infraestruturas e dotacións públicas municipais dos 67 Concellos mediante o Plan Único. Os fondos para esta programación aumentarán ata un mínimo de 21 millóns a través da incorporación de remanentes –a previsión é que os remanentes ascendan a cantidades semellantes ao ano pasado ata achegar a lo menos o 70% dos remanentes ao plan.

Outros 15 millóns para mellorar as estradas da rede viaria provincial con obras novas, conservación ou parque móbil. Dos que 1,5 son para o mantemento de sumidoiros, alumeados públicos, parques e xardíns de titularidade provincia e 600.000 euros para o funcionamento do servizos de arquitectura.

300.000 euros para habilitar unha tirolina entre os Concellos de Monforte de Lemos e Castro Caldelas co obxectivo de contribuír ao fomento turístico da Ribeira Sacra e 200.000 euros para recuperar a Casona do Incio.

Construción e posta en marcha de centros da terceira idade

Outra parte dos orzamentos, esta de 6,3 millóns, vai destinada a construción e posta en marcha de centros para maiores.

2 millóns empléanse para asumir os custos pola posta en marcha e financiamento das prazas a maiores como a de Ribas de Sil que abrirá as súas instalacións o longo do 2019.

Os restantes 4,3 millóns de euros son para poder continuar cos proxectos de construción das residencias, A Pobra do Brollón, Folgoso do Courel e Pantón. Esta última é a única que recibe a primeira partida de 500.000 euros para redactar o proxecto e as obras. As restantes teñen partidas comprometidas de anualidades pasadas, que non son suficientes para rematar as obras.

Emprego

Son 10 millóns de euros os que se incorporarán ao Orzamento de 2019 para emprego. Invertiranse 3 millóns para a terceira edición do DepuEmprego, onde se imparten cursos de formación sobre nichos de emprego na provincia, como a gandeiría, aproveitamento forestal ou agricultura ecolóxica, entre outros; sectores que necesitan man de obra especializada e que non atopan na provincia de Lugo.

Persoas maiores dependentes e non dependentes e servizos a domicilio

Para continuar coa atención a 2.300 maiores da provincia a través do Servizo a Domicilio a non dependentes a deputación destina 1,5 millóns coa incorporación de remanentes, pois o SAF tamén se enmarca no Plan Único. Para atender a outros 1.600 maiores mediante a Teleasistencia gratuíta inclúense uns 515.000 euros. Destínanse 537.000 euros en concepto de subvencións nominativas a 55 colectivos sociais da provincia para contribuír ao desenvolvemento da súa actividade. Esta diríxese á atención profesional de lucenses con capacidades diferentes, en risco de exclusión social ou laboral, que sofren diferentes patoloxías (dano cerebral, discapacidade, alzheimer, autismo, hemofilia, esclerose múltiple, párkinson,  fibromialxia, cancro…) ou ao fomento da igualdade.

Conservatorio

O conservatorio de Monforte achéganselle 45.000 euros

Deportes

O departamento de deportes recibe 4,1 millóns de euros para continuar coa colaboración con clubs de todas as modalidades e dos 67 Concellos, mellorar ou habilitar novas instalacións públicas municipais, contribuír á celebración de distintos eventos, así como para o mantemento das instalacións provincias

Turismo, Cultura e Artesanía

Para a promoción turística da provincia destínanse 2,5 millóns de euros. Desta cantidade, preto de 650.000 son para continuar coa actividade dos catamaráns nas Rutas Fluviais. 6 millóns de euros son para o mantemento da rede museítistica entre os que se encontra o Museo Etnográfico Pazo de Tor. Nas subvencións nominativas figuran xa colaboracións coa Mancomunidade da Mariña ou o Consorcio Turístico da Ribeira Sacra; o Festival 17º Ribeira Sacra, as Danzas da Cervela, As Fachas.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here