HomePolíticaCampaña de xuntanzas veciñais do PP de Monforte "para buscar solucións ás...

Campaña de xuntanzas veciñais do PP de Monforte “para buscar solucións ás reclamacións de barrios e parroquias”

As primeiras visitas programadas polos populares foron no Casar e O Fabeiro e seguirán en Santa Mariña e Ribas Altas, "onde son constantes os problemas co abastecemento e saneamento, ademais do mal estado de mantemento das pistas", sinalan os populares.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Agrupación Municipal do Partido Popular de Monforte de Lemos comeza unha campaña de xuntanzas en barrios e parroquias. “Estar ao carón da xente é o único camiño para poder axudar a resolver os seus problemas”, a voceira popular, Katy Varela, explica que moitas destas visitas “foron pedidas polos propios veciños ante os constantes problemas que teñen nos seus barrios ou que detectan no día a día do municipio”.

As primeiras visitas programadas polos populares foron no Casar e O Fabeiro e seguirán en Santa Mariña e Ribas Altas, zonas que teñen en común problemas co abastecemento de auga e co saneamento, ademais de problemas pola situación na que se atopan as pistas, sobre todo en Ribas Altas, “moi molestos co estado no que se atopa a rúa na que está o centro de día”.

A voceira popular convida a todos os monfortinos que o desexen a participar destas xuntanzas e “se queren que vaiamos de inmediato ao seu barrio ou parroquia so teñen que poñerse en contacto con nós. Insistimos en que chegaremos a todos os recunchos do municipio porque nós non queremos estar ao seu carón unicamente cando se achegan as eleccións, queremos axudalos durante todo o mandato”, conclúe Varela.

ÚLTIMAS

Chantada estrea área recreativa na rúa Concepción Arenal

A través dos módulos de Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización (albanelaría) e...

A Praza de Abastos de Monforte acolle o 15 de outubro dous obradoiros de costura creativa

A proposta parte dunha idea sinxela, a peza máis sostible é a que xa...

O concurso de debuxo infantil “Os Bolechas reciclan en Monforte” ten prazo aberto ata o 20 de novembro

O concurso dá continuidade ao traballo desenvolvido no curso pasado a través da campaña...

Moi boas previsións de ocupación turística na Ribeira Sacra para a ponte do Pilar

Segundo informacion que traslada o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, as expectativas de ocupación...