HomePolíticaRoberto Eireos desmárcase do “circo” no que se converteu a candidatura do...

Roberto Eireos desmárcase do “circo” no que se converteu a candidatura do PP monfortino

O empresario Roberto Eireos renuncia, nun comunicado, a encabezar a lista do PP de Monforte para as próximas eleccións municipais. Faino, segundo di, polas controversias desatadas coa súa posible candidatura.

Publicado o

- Advertisement -

Roberto Eireos asegura que aceptará colaborar nun proxecto de unión de diferentes sensibilidades para “tentar sacar a Monforte da parálise na que está instalada desde fai anos”.

O resto do comunicado segue do seguinte modo: “Polas razóns que sexan este feito converteuse nun lamentable CIRCO DO QUE SON TOTALMENTE ALLEO,  e do que non vou a participar desmarcándome totalmente do mesmo.

Agradezo todas as mostras de apoio recibidas nestes días e desexo o mellor ao meu partido, e á súa presidenta local o maior dos éxitos tanto no profesional como no persoal.

Reitero o meu desexo como monfortino que son, do ben para Monforte e aqui seguirei estando para o que humildemente poida aportar”.

A finais da segunda semana deste mes de novembro a dirección provincial do PP confirmaba a Eireos como candidato e xustificaban ter tomado esta decisión polos resultados electorais e pola información que lles fixo chegar a veciñanza de Monforte.

Coa retirada do candidato popular haberá que agardar agora a coñecer se a portavoz popular en Monforte, Julia Barreira, volve ser unha opción e ver como queda esta división interna do PP monfortino.

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...