HomesociedadeEn marcha a residencia de Pantón cunha dotación de 45.000 para redactar...

En marcha a residencia de Pantón cunha dotación de 45.000 para redactar o proxecto

A Deputación de Lugo ven de aprobar en Xunta de Goberno destinar 40.000 euros á redacción do proxecto de construción dunha residencia de maiores en Pantón. O concello colabora con este financiamento cunha achega de 5.000 euros.

Publicado o

- Advertisement -

O concello da Pantón, un dos municipios co índice de envellecemento máis alto da provincia e incluso de Galicia, con máis do 55% dos seus habitantes por riba dos 65 anos, contará coa demandada residencia de anciáns.

O Goberno da Deputación comprometíase, nesta mesma semana, a asumir estes traballos desde o organismo provincial. Así os 40.000 euros aprobados hoxe, súmanse aos 500.000 euros para esta finalidade, que o Presidente, Darío Campos, incluíu na súa proposta de Presuposto para 2019.

Desde a Deputación lembran que esta vella aspiración dos veciños de Pantón tivo compromisos por parte da Xunta que nunca se materializaron. Por eso agora, Deputación e Concello tentarán acadar a colaboración da Xunta.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...