HomePolíticaO BNG reclama no Parlamento restablecer con urxencia o servizo de atención...

O BNG reclama no Parlamento restablecer con urxencia o servizo de atención psiquiátrica en Monforte

O deputado do BNG, Iago Suárez denunciou no Parlamento o "deterioro extremadamente preocupante" que está a sufrir o Hospital Comarcal de Monforte nos últimos anos pola "alarmante falta de especialistas en servizos como o de psiquiatría, que nin sequera se presta nestes momentos porque non hai profesionais".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O deputado de Chantada, que esta mesma semana defendeu no Pleno unha iniciativa para reclamar recursos que permitan atender os problemas de saúde mental da mocidade galega,  advertiu que o de psiquiatría é un servizo de “extrema necesidade” , máis aínda -subliñou- tendo en conta que Galiza ten a segunda taxa de suicidio máis alta do Estado ou que, segundo os datos do Imelga, cada día unha persoa decide quitarse a vida. “Estamos a falar da gran pandemia deste século”, agregou o deputado nacionalista, que destacou tamén que o 30 % das consultas de Atención Primaria están relacionadas coa saúde mental.

Advertiu, no mesmo sentido, que as persoas que padecen trastornos mentais de especial gravidade, como esquizofrenias ou trastornos bipolares, que recibían tratamento ata o de agora en Monforte, “poden verse seriamente afectados pola falta de revisións psiquiátricas”. “Non dispor de ningún psiquiatra de referencia fai máis complicada a prevención de descompensacións psiquiátricas e pode provocar empeoramento dos síntomas nos pacientes con este tipo de doenzas”, apúntase na iniciativa que defendeu Iago Suárez e que foi rexeitada polo PP.   

Unha iniciativa na que tamén se instaba á Xunta do PP a suplir a falta de especialistas no hospital comarcal de Monforte, no que, segundo expuxo Suárez, “faltan dúas hematólogas, non hai especialista de dixestivo, tampouco de rehabilitación, seguimos sen ter tampouco especialista en neuroloxía, non hai cardiólogo e faltas dúas pediatras”.

O terceiro punto da moción reclamaba “aliviar con celeridade as listas de espera que se viven no hospital”, unha cuestión á que o BNG non renunciou, tal e como pedía o PP nunha emenda “na que si recoñece que no Hospital Comarcal de Monforte non hai psiquiatra nestes momentos, a pesar de ter acusado ao deputado nacionalista de mentir sobre esta cuestión no Pleno desta semana”.   

ÚLTIMAS

Torre da Homenaxe en verde este 21 de xuño no Día Mundial da ELA

Como xesto simbólico e en sinal de apoio ás persoas con ELA (Esclerosis Lateral...

Quiroga formará a traballadores de atención a persoas con dependecia e axuda no fogar

O ISSGA, Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia, no seu Plan de...

Este 21 de xuño preséntase no Auditorio de Chantada o proxecto do Museo Manuel Jorge

A xornada incluirá un coloquio e unha visita ao edificio que albergará o museo,...

286.000€ para a mellora do Aeródromo das Lamas en Monforte

Asfaltarase o firme da pista de voo a través de aglomerado en quente e...