HomePolíticaO estado ruinoso do Pazo de Vilar en Taboada chega á Xunta...

O estado ruinoso do Pazo de Vilar en Taboada chega á Xunta da man do BNG

O Bloque Nacionalista Galego, a través dos deputados Iago Suárez e Mercedes Queixas, vén de preguntar á Xunta de Galiza sobre o estado ruinoso do Pazo de Vilar, no concello de Taboada (Lugo).

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Pazo de Vilar, sito na parroquia de Esperante, constitúe un dos máis sobranceiros exemplos da arquitectura pacega de toda a comarca de Chantada, vencellado a liñaxes como os Taboada ou os Lemos e, ata o século XIX, á xurisdicción de Vilar. No entanto, desde hai décadas adoece un estado de abandono total xa manifesto na caída de todo o seu interior, de case toda a cuberta, con danos estruturais e unha invasión pola maleza case total. Hai uns anos, o Concello de Taboada tentou sen éxito contactar coa propiedade para abordar unha posible solución.

Esta intervención do grupo nacionalista prodúcese nun momento en que dito pazo acaba de ser incluído no catálogo da “lista vermella” elaborado por Hispania Nostra, sendo o terceiro caso do sur da provincia, “logo de anos de desleixo total por parte do goberno galego, o que repercute en problemas de seguridade e nas posibilidades urbanísticas da contorna máis próxima”, sinalan desde o BNG.

Así, os nacionalistas, a través das súas preguntas, emprazan á Xunta a dar explicacións sobre posibles intervencións sobre o pazo para evitar a súa ruína total e valorizar así un dos monumentos de maior valor patrimonial de Taboada. O BNG tentará debater sobre as intencións da Xunta, a forma de contactar coa propiedade, a mellor forma de intervir e a coherencia desta situación coa candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade, demandando un cambio de actitude con respecto á mantida ata agora.

Desde o BNG de Taboada congratúlanse de que o Grupo Parlamentario nacionalista teña en conta unha vella reivindicación do concello de Taboada compartida por unha ampla maioría da veciñanza.

ÚLTIMAS

O Castro Art Village no Saviñao, dinamizando a cultura e o audiovisual desde o rural

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, vistou este xoves O...

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...

O PP advirte que “o Goberno de Sánchez non compromete unha data para o remate da rehabilitación da N-540”

Os deputados do PP no Congreso por Lugo e Ourense consideran preocupante que “o...