HomePolíticaO BNG insta no Parlamento arranxar de modo íntegro e real a...

O BNG insta no Parlamento arranxar de modo íntegro e real a estrada LU-651

No ano 2022 esta vía derrubouse provocando un enorme prexuízo á poboación da zona e deixando practicamente incomunicada a veciñanza da serra do Courel. "Ante a proximidade de procesos electorais, a Xunta apresurouse a acometer arranxos non integrais en lugar de investigar as causas da caída desta estrada, tampouco valorou as posibilidades de trazados viables, nin a variación das actividades extractivas na zona", explicou Iago Suárez.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Bloque Nacionalista Galego instou no Parlamento arranxar a estrada LU-651 tendo en conta os problemas de seguridade viaria que presenta actualmente.

O deputado, Iago Suárez, considera que “esta situación inaudita e indignante é unha verdadeira neglixencia por parte da Xunta de Galiza” e que a utilización dos fondos que se reciben para manter a vida nas montañas do Courel “debían empregarse para acometer actuación reais de arranxo integral da estrada LU-651 á maior brevidade posíbel”.

“O goberno do PP habilitou nos últimos días un trazado alternativo a todas luces perigoso e dificilmente transitábel para a grande maioría de vehículos”. Un trazado tan sumamente perigoso que “levou a suspender o transporte escolar por este trazado ante a falta de garantías de seguridade para o alumnado e persoal”.

O deputado nacionalista salientou que “a solución que deu a Xunta ás familias é que sexan elas mesmas as que leven o estudantado aos centros educativos ou que directamente non acudan ás aulas”.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...