HomePolíticaBatería de iniciativas do BNG para recuperar o regadío no Val de...

Batería de iniciativas do BNG para recuperar o regadío no Val de Lemos, mentres seguen pedindo a condonación da débeda

O BNG pide á Xunta que, en colaboración coa Confederación Hidrográfica Miño Sil, se elabore un censo actualizado de persoas regadoras, así como un estudo sobre unha posible concentración parcelaria para mellorar a situación do regadío.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O deputado do BNG, Iago Suárez, vén de rexistrar no Parlamento unha batería de iniciativas para demandar, unha vez máis, a recuperación do regadío no Val de Lemos, unha infraestrutura que acumula anos de deterioro e que se atopa nunha situación “verdadeiramente preocupante” .

“Canto máis se tarde en dar solución a isto maior será a perda de auga, de tecido produtivo e de oportunidades asociada a este”, asegura Suárez, que reclama á Xunta que “tome partida e actúe” ante a Administración do Estado para pór fin ao problema renovando as canles e, entre outras cuestións, condonando a enorme débeda que acumulan os regantes.

Construído na segunda metade do século XX, o regadío Val de Lemos da servizo a varios milleiros de hectáreas situadas nun total de seis concellos (Bóveda, A Pobra do Brollón, Monforte, O Incio, Sober e Pantón), mais “o estado da estrutura das canles e o abandono de certos terreos provoca un malgasto de auga brutal nesta zona do País”, denuncia o deputado da comarca, que engade que, ademais, o mal estado desta infraestrutura fai que “moitas persoas regantes non podan nin sequera facer uso delas”.

A iso súmase que, pola contra, moitas persoas que non están interesadas no seu uso “ven como os seus terreos se inundan cada vez que chove pola falta de mantemento das canles, que verten millares de litros de auga deixando terreos totalmente inservibles”. Denuncia, neste sentido, que a Confederación Hidrográfica, de quen depende o regadío, “é perfectamente consciente desta situación e na actualidade só se limita a manter un funcionamento arcaico cobrándolles as regantes un canon que non dan asumido usen ou non a auga”.

Froito dese canon, que segue a ser insostible malia recente baixada, o colectivo de persoas regadoras acumula unha débeda “enorme” que, reclama o deputado do BNG, ten que ser condonada pola Administración do Estado. Ese é precisamente, un dos puntos da proposición non de lei rexistrada por Iago Suárez no Parlamento, unha iniciativa na que urxe á Xunta a dirixirse ao Goberno do Estado e á Confederación Hidrográfica Miño-Sil para que se renoven canto antes as infraestruturas do regadío Val de Lemos.

Finalmente, o deputado nacionalista propón a posta en marcha dunha mesa de traballo coa CHMS e o sector agrario para abordar os problemas dos regantes do Val de Lemos, tal e como se acordou xa no Parlamento galego na IX lexislatura. 

ÚLTIMAS

Premios da XXVIII Cata do Viños da Ribeira Sacra

Este venres pola tarde levouse a cabo a entrega de galardóns da XXVIII Edición...

Máis fondos para mantemento de camiños rurais reclama o PP de Monforte

Os camiños rurais, explican desde o PP; son esenciais para vertebrar e conectar núcleos...

Fin de semana de festas patronais en Oural

A Xunta de Galicia colabora coas festas patronais de Oural, en Sarria, que se...

Carrilanas e xogos tradicionais en Folgoso do Courel

Un ano máis, o Concello de Folgoso do Courel dedícalle unha xornada ás tradicións...