HomePolíticaOs populares valoran positivamente o paquete de medidas de apoio á D.O....

Os populares valoran positivamente o paquete de medidas de apoio á D.O. Ribeira Sacra

Distintos representantes do Partido Popular analizaron o paquete de medidas de apoio á D.O. Ribeira Sacra, ante a situación de excedentes de viño tinto que atravesa, nunha reunión de traballo na que participou a responsable autonómica de Medio Rural, María José Gómez, a presidenta do PP da provincia, Elena Candia, o director de la Axencia Galega de Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, o delegado territorial, Javier Arias e a directora territorial de Medio Rural, Olga Iglesias;  xunto a alcaldes e portavoces da zona, o deputado no Congreso Francisco Conde, e as deputadas no Parlamento de Galicia pola zona sur Raquel Arias e Katy Varela.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -


Os populares destacan entre as medidas, unha novidosa liña de axudas para a conservación da paisaxe que caracteriza este territorio, que lle dá forma a viticultura heroica. O Goberno galego destinará 2 millóns de euros de fondos propios para a conservación da contorna paisaxística e a loita contra a erosión nos viñedos da Ribeira Sacra.

No paquete de medidas anunciadas polo presidente, Alfonso Rueda, atópase tamén unha maior formación e divulgación das oportunidades que ofrece a PAC para os viticultores en xeral, e en especial para os da Ribeira Sacra; unha nova orde de axudas de apoio para o acceso a préstamos de cara á recollida da uva; e a convocatoria da destilación de crise, para aquelas adegas que queiran acollerse, unha vez recibida a autorización pola Comisión Europea.

Sinalan os populares que estas medidas buscan apoiar a esta denominación de orixe ante a situación de excedentes de viño que está a vivir, e que é común a outras rexións vitivinícolas de España e de Europa debido ao descenso xeneralizado de consumo de viño tinto. A maiores, desde o PP de Lugo tamén animan “a analizar, no seo do Consello Regulador, outro tipo de medidas a medio prazo que permitan axustar oferta e demanda e explorar novas tendencias nos mercados, posto que será bo para esta DO, pero tamén para a conservación, crecemento económico e fixación de poboación neste territorio”.

Os populares subliñan a importancia do “traballo continuo de escoita aos distintos sectores produtivos da provincia e, neste caso, aos viticultores e adegueiros da Ribeira Sacra”. Así mesmo, destacan “a sensibilidade do Goberno galego coa viticultura heroica, que supón unhas condicións e uns custos de produción especiais”.

En canto á candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial da UNESCO, desde o PP subliñan que “estas medidas, especialmente a da conservación da paisaxe, axudarán a reforzar a candidatura” tendo en conta que “a paisaxe ten un papel fundamental” na candidatura.

ÚLTIMAS

Exitosa ‘Carreira e Andaina contra o Cancro’ en Monforte

Este evento deportivo e solidario alcanzaba este ano a súa terceira edición tendo lugar...

A Festa da Cereixa, do Viño e do Aceite de Ribas de Sil, Premio á Excelencia de Turismo e Gastronomía da Deputación

O Consello Provincial de Turismo vén de fallar os sextos Premios á Excelencia de...

Opinión: “Cara unha cultura consciente”

Cantas veces escoitamos a unha amiga ou amigo aquilo de Aquí nunca se fai...

30 anos das Escolas Deportivas Municipais Concello de Chantada cunha ampla proposta de actividades

O Concello de Chantada, a través da Concellaría de Deportes, organiza un ano máis...