HomePolíticaAugas Mestas segue sen funcionar e o PP culpa a PSOE e...

Augas Mestas segue sen funcionar e o PP culpa a PSOE e BNG de “non ser capaces de manter o herdado”

O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, ve en Augas Mestas “o exemplo perfecto da nefasta política en materia de turismo do goberno provincial. Nunca se preocuparon por captar máis turistas, nin por mellorar a atención que se dá aos que nos visitan nin por facilitar os seus desprazamentos”, lamentou.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os deputados populares Antonio Ameijide e Luis Fernández visitaron esta semana o complexo turístico de Augas Mestas, en Quiroga, e amosaron “o súa tristura e impotencia ao ver como o PSOE e o BNG na Deputación de Lugo abandonaron a súa sorte unha instalación que podería ser un referente turístico na provincia”.

Este área recreativa, construída no ano 1996 pola Deputación cun goberno do Partido Popular a fronte, tiña como obxectivo dinamizar o turismo na Ribeira Sacra poñendo en servizo un área máis a disposición dos turistas que chegan á provincia, pero dende que o PSOE e o BNG chegaron ao goberno da Deputación “ningunha das dúas formacións tivo interese en poñelo en marcha, como certifica que baixo o seu mandato nunca abriron as súas portas”.

O complexo de Augas Mestas conta con varias zonas diferenciadas:

  • Unha de bungalows, que se pode ver como están abandonados e mesmo algúns deles tapiados
  • Unha zona aberta para a acampada de autocaravanas ou tendas
  • Varios edificios que serían os aseos e duchas, así como a recepción e un restaurante
  • Dúas piscinas, unha para adultos e outra para nenos
  • Varias casas de pedra, na zona exterior do recinto, diferenciadas dos bungalows
  • Pantalán de acceso ao río para embarcacións

“É unha mágoa ver como PSOE e BNG abandonaron estas magníficas instalacións a súa sorte e que, semella, foron obxecto de saqueos, xa que hai numerosas pezas de mobiliario que se aprecia que faltan”, denunciaron.

A realidade é que o complexo de Augas Mestas podería converterse nun referente turístico na Ribeira Sacra “pero nin PSOE nin BNG teñen interese por mellorar a economía desta zona da provincia” xa que coa posta en marcha destas instalacións xeraríanse numerosos postos de traballo na zona sur, tanto directos como indirectos.

Lembran que no 2020, Pilar García Porto, sinalaba que poñerían en servizo estas instalacións “canto antes mellor”. “Queda claro que catro anos son tempo máis que suficiente para realizar unha planificación máis que meticulosa e para buscar o financiamento necesario para abrir este complexo turístico”, explicou Ameijide. “O que falta é vontade política e gañas de traballar”, lamentou.

PP Augas Mestas / PP Provincial

ÚLTIMAS

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...

Queres que a túa idea se faga realidade? Recta final para participar no Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra segue buscando iniciativas de emprendemento e...

O Courel pedalea por Palestina

A cita do 17 de maio está promovida por We Rise como parte da...

Premio ao mellor deseño para o IES Daviña Rey na ‘Liga Make Drone 2025-26’

O IES Daviña Rey vén de participar na "Liga Maker Drone", un encontro competitivo...