HomePolíticaMelloradas as comunicacións entre Taboada e Monterroso

Melloradas as comunicacións entre Taboada e Monterroso

Remataron as obras de mellora do firme da estrada autonómica LU-212 ao seu paso polos concellos de Taboada e Monterroso. Mentres o PSOE vota en falta melloras nas estradas autonómicas da Montaña de Lugo.

Publicado o

- Advertisement -

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade financiou con 300.000 euros, esta mellora da estrada autonómica LU-212, entre os puntos quilómetros 0 ao 10,800. Rehabilitouse o firme e instalouse un aforo permanente de espiras para medir a intensidade e características do tráfico e renovouse a sinalización horizontal mediante o repintado de marcas viarias.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, destacou que a obra incluíu o arranxo completo das travesías que cruzan os núcleos de Taboada e Monterroso, o que “mellora a seguridade e a estética de ambas localidades. Asegura tamén que a mellora das estradas autonómicas vai máis aló da mellora en si “porque unhas boas comunicacións diminúen os riscos na circulación e mesmo favorecen a actividade económica”.

O PSOE reclama da Xunta máis inversións para a Montaña de Lugo

Hai outras estradas autonómicas que se deberían de mellorar, segundo os socialistas. Reclaman a reforma integral da LU-651 de Folgoso do Courel, mellora que consideran unha débeda histórica do PP cos veciños. O goberno galego do Partido Popular leva desde o 2016 incluíndo partidas para esta actuación, pero non se executou nada. Nesta situación, o PSOE esixe o inicio inmediato desta obra e un investimento de 1 millón de euros.

Sobre a Montaña de Lugo (Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Navia de Suarna, Becerreá, Baleira, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro e Ribeira de Piquín), o PSOE presentou no Parlamento emendas aos orzamentos do 2019. Demandan para esta zona, que califican como a gran olvidada do PP, 4,4 millóns de euros para mellorar a atención primaria, o transporte, vías de comunicación e centros residenciais.

ÚLTIMAS

Do 26 ao 30 de outubro Quiroga organiza un curso de introdución á lingua e cultura galegas

O Concello de Quiroga contará cun curso de iniciación ao galego especialmente indicado para...

A Deputación inviste na provincia 3,2 M€ en axudas directas ao deporte de base

O servizo de Deportes tramitou as 55 axudas nominativas consignadas nos orzamentos de 2025:...

‘Éxitos da música galega’ na Casa da Memoria de Bóveda

Os amantes da música galega, especialmente deses temas que temos gardados na memoria e...

O Club Quixós de piragüismo remata a tempada cun segundo posto no Campionato Galego de Promoción Slálom

O Campionato Galego de Promoción Slálom contou esta mañá en terras pontevedresas con 51...