HomePolíticaOs socialistas da Pobra do Brollón acusan a Javier Arias de "falta...

Os socialistas da Pobra do Brollón acusan a Javier Arias de “falta de compromiso co alumnado do municipio”

O PSdeG-PSOE da Pobra do Brollón denuncia con contundencia o "absoluto desprezo amosado polo Delegado da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias", durante a súa visita ao xacemento arqueolóxico da localidade. Consideran que tiña unha para escoitar e atender as reivindicacións das familias do colexio local, que levan semanas mobilizándose contra a redución do profesorado e os agrupamentos que a Xunta pretende impoñer.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dende o PSdeG-PSOE da Pobra do Brollón consideran inadmisible que un representante público “se atreva a visitar o noso concello e non se digne a reunirse coas familias que levan días manifestándose ás portas do colexio. Non podemos permitir que os intereses políticos e propagandísticos da Xunta prevalezan sobre as necesidades reais da nosa xente”.

“Mentres as nais e pais loitan por garantir un ensino público de calidade para os seus fillos e fillas, o Delegado da Xunta decida ignorar completamente esta problemática e faga oídos xordos ás demandas dunha comunidade preocupada polo futuro dos seus nenos e nenas. Non é só unha falta de respecto, é unha demostración clara de que á Xunta lle importa ben pouco o que suceda cos colexios rurais. Para eles, as nosas vilas non contan”, afirmou con dureza o voceiro socialista na localidade, Adolfo Rubio.

Denuncian os socialistas os recortes que a Xunta de Galicia pretender aplicar neste centro educativo no próximo curso 2024-2025, onde contarán cun mestre menos, por tanto, tres profesores para atender a 33 alumnos de Primaria que se dividirán en dúas aulas de 16 e 17 alumnos. “É necesario que haxa un docente máis e un reparto máis equitativo dos curso, pois con esta organización que se pretende aplicar, habería agrupados estudantes de niveis moi dispares”, subliñou.

Novos achados na escavación de Penas do Castelo / Concello da Pobra do Brollón

O PSdeG-PSOE esixe que o delegado da Xunta “deixe de esconderse tras visitas culturais para lavar a imaxe do goberno autonómico e atenda dunha vez por todas as reclamacións xustas das familias da Pobra do Brollón”. Lembran que o abandono da educación no rural non é un problema illado desta localidade, senón unha cuestión que afecta a moitos outros concellos de Galicia. Os agrupamentos forzados e a redución de docentes non fan máis que agravar a xa difícil situación que viven moitos centros educativos.

“A Xunta de Galicia debe apostar pola igualdade de oportunidades, en lugar de desmantelar servizos esenciais no rural. Esiximos que a Xunta atenda de maneira urxente as reivindicacións das familias e se reúna con elas para atopar unha solución que garanta un ensino público digno, sen discriminación por razón de residencia. O futuro das nosas vilas pasa por coidar os nosos nenos e nenas, e a Xunta está a demostrar un desinterese absoluto neste sentido”.

“A educación é un dereito fundamental que debe estar garantido en condicións de igualdade, independentemente do lugar de residencia. Os recortes nos centros rurais, como o peche de unidades educativas, a redución de profesorado e a supresión do transporte escolar, son unha mostra clara da falta de compromiso da Xunta co rural”, conclúen os socialistas.

ÚLTIMAS

Andaina guiada de Torbeo á Cubela organizada polos ‘Lactouros’

A xunta de Micoloxía "Lactouros", en colaboración con "Coureleando", convida a participar nunha andaina...

Raquel Arias preguntará no Parlamento polos seguintes pasos na candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial

A popular destaca que “a candidatura ‘Paisaxe da auga: Ribeira Sacra’ promovida pola Xunta...

13 medallas no Mondial des Vins Extremes para os viños da D.O. Ribeira Sacra

O Mondial des Vins Extrêmes, celebrouse no Val de Aosta, Italia, os días 29...

39.000€ para renovar o camiño do Teo en Parteme, Quiroga

Coa sinatura deste acordo, que ambos dirixentes materializaron no Pazo de San Marcos, a...