HomePolíticaO PP lucense leva ao Senado que se impulse a segunda fase...

O PP lucense leva ao Senado que se impulse a segunda fase da urbanización do Polígono do Morelle en Sarria

Os senadores do PP lucense, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, pedirán ao Goberno central que impulse a urbanización da segunda fase do polígono industrial de Morelle, en Sarria, mediante varias iniciativas no Senado.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo detallou o PP de Lugo nun comunicado, os senadores preguntarán “cales son os plans” do Goberno en relación á ampliación do polígono. “Que aclare se ten previsto facer efectivo o compromiso de executar a segunda fase de urbanización, comercialización e venda de novas parcelas como iniciativa dirixida a consolidar e atraer actividade económica e xerar empregos”, sinalaron.

O polígono é xestionado pola entidade estatal do chan (Sepes), que está a transformar o chan para poñelo a disposición das empresas e da cidadanía para que poidan emprender e traballar. Pero este obxectivo “non se está cumprindo en relación con este polígono, xa que a súa ampliación segue sen executarse”, sinalan os populares.

“Esta parálise provoca unha progresiva perdida de oportunidades, ata o punto de que son xa varias as empresas que desistiron de instalarse na localidade ou as que abandonan Sarria cara a outros municipios onde se poden acceder a unha máis ampla oferta de chan industrial”, lamentaron os senadores populares

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...