HomePolíticaPregos e preguntas de Esperta Monforte ao pleno de outubro

Pregos e preguntas de Esperta Monforte ao pleno de outubro

Os pregos de Esperta Monforte refírense ao mal estado da rotonda que hai na vía de Reigada que conecta co porto seco. Piden que se arranxe na maior brevidade posible.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Lembran desde Esperta Monforte que hai meses que o estado da zona é “lamentable e obriga a circular infrinxindo as normas de circulación”. Pregan que mentres non se arranxen os desperfectos se sinalice adecuadamente a vía.

Nas preguntas, Esperta Monforte, volve a interesarse por quen pagou os gastos dos baños portátiles instalados no parque López Suárez para o xantar de xubilados da UGT que se celebrou en xuño. Consideran que o alcalde mentiu a primeira vez que se interesaron por esta cuestión e lémbranlle que ten a obriga de responder.

Esperta Monforte pregunta tamén se o concello está poñendo trampas para atrapar gatos na rúa ou se é cousa de particulares.

ÚLTIMAS

Outro cheo completo para o ‘Marida maio’

A delegación sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo...

O BNG de Monforte leva a pleno a recuperación da muralla medieval e do mercado gandeiro

A formación nacionalista lembra que a muralla constitúe un dos elementos patrimoniais máis relevantes...

O concello de Chantada comeza a modernización do Miradoiro de Sernande

Con vistas ao Miño o concello de Chantada dispón dos miradoiros Terra Branca, Líncora,...

Comeza o pase de primavera do ‘Vendaval’, mostra de cinema portugués na Ribeira Sacra

O Vendaval desta edición de primavera 2026, estenderá o seu programa dende o 23 ao...