HomePolíticaO BNG de Monforte discrepa “coa idea de urbanismo do Alcalde”

O BNG de Monforte discrepa “coa idea de urbanismo do Alcalde”

Os nacionalistas monfortinos consideran que o proxecto de urbanización da Zona D implica a eliminación de hortas e zonas verdes situadas xunto ao río, para seren substituídas por  rúas asfaltadas, feito que para eles “non é progreso”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concelleiro do BNG, Manuel Luaces, na súa intervención no pleno de outubro a respecto do proxecto de urbanización da Zona D, expresou o total rexeitamento ao mesmo. Entre  os argumentos expresados polo concelleiro nacionalista, destacaba o feito de que, en Monforte, existen múltiples bolsas de chan urbanizables baleiras, e vivendas en estado ruinoso.

Entenden que con esta decisión pódese producir unha “depreciación das propiedades e solares situados nos barrios máis afastados do centro, abocando ao seu definitivo abandono, e isto é algo realmente preocupante de cara a un completo e axeitado desenvolvemento urbano municipal”.

Ao longo dese mesmo debate, o alcalde sinalou que a urbanización da Zona D será sinónimo de “progreso” para Monforte, pero o BNG monfortino entende que “o proxecto implica a eliminación de hortas e zonas verdes situadas xunto ao río, para seren substituídas por  rúas asfaltadas”, feito que para eles “non representa progreso ningún ao priorizar o cemento sobre o espazo verde, o vehículo sobre o peón”.

Zona D aprobación definitva

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...