HomePolíticaO PP de Monforte pregunta a Tomé “que oculta da tramitación municipal”...

O PP de Monforte pregunta a Tomé “que oculta da tramitación municipal” ao negarlles acceso aos expedientes solicitados

A voceira popular, Katy Varela, non entende “os motivos de que José Tomé negue o acceso a toda a documentación porque ten algo que ocultar ou porque nin a ten, que é peor”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Katy Varela sinala que se pediu acceso á documentación sobre o ciclo da auga, sobre as sentenzas xudiciais en contra do Concello, sobre os voluntarios de Protección Civil e do servizo de axuda a domicilio pero “a día de hoxe o único que obtivemos e ter un expediente incompleto”

CICLO DA AUGA

O 13 de Maio de 2024 os concelleiros populares solicitaron os datos dos volumes de auga potabilizados e facturados no casco urbano e no rural, por parte da empresa Aqualia.

A resposta por parte do goberno local chegou o 28 de agosto, “pero aportando unicamente a parte que lle interesa a José Tomé, o volume facturado” motivo polo que dende o Grupo Municipal Popular solicitouse se aportasen os datos que faltaban sobre o volume de auga potabilizada en 2023 “pero seguimos sen reposta”.

SENTENZAS XUDICIAIS CONTRA O CONCELLO DE MONFORTE

No Pleno de Xullo preguntouse ao alcalde sobre as dúas sentenzas en contra que recibiu o Concello de Monforte por parte do TSXG. Unha delas en relación aos terreos do parque do Hospital, que obrigaba ao Concello a pagar 620.000€, algo sobre o que José Tomé sinalou que o propio Tribunal deixaba a sentenza sen efecto.

Dende o Grupo Municipal Popular solicitouse que se facilitase o acceso a ambas resolucións xudiciais pero “non vimos por ningunha parte referencia algunha a que esa sentencia quedaba sen efecto”. Por este motivo, o 27 de maio de 2024 pediuse acceso ao expediente e copia do mesmo para poder ter acceso ao mesmo para comprobar se existe tal anulación da sentenza ou non.

PROTECCIÓN CIVIL

Os concelleiros populares tamén solicitaron acceso á documentación referente ao servizo de Protección Civil para coñecer o número total de voluntarios que hai neste servizo así como cantos prestaron servizo e en que actos durante este ano. Ao igual que nos casos anteriores, tampouco se facilitou a información solicitada.

SERVIZO DE AXUDA A DOMICILIO

O 17 de outubro solicitouse acceso ao expediente do Servizo de Axuda a Domicilio para ter coñecemento real do número de persoas atendidas, en que datas e o número de horas asignadas a cada beneficiario do servizo; así como o número total de empregados que traballan na actualidade e o número total de horas polas que están contratados.

ÚLTIMAS

A Virxe dos Remedios da Ermida con novo enxoval custodiará o solideo que o Papa Francisco lle dedicou

Coincidindo coa inauguración do Museo de Arte Sacra de Castro Caldelas, tivo lugar en...

13 iniciativas do sur da provincia lideradas por mulleres contan con axudas do programa EMEGA

A Consellería de Política Social e Igualdade concede estas axudas para fomentar a posta...

Antía Yáñez presenta “O clan das barbies” este 13 de decembro na libraría Agrasar de Monforte

Dende os seus inicios, a libraría Agrasar aposta por convertirse nun espacio destacado para...

Exitoso concurso de Tapas da Pobra do Brollón: preto de 2000 pinchos vendidos

O XV Concurso de Tapas da Guimaralia, encontro co 'tapeo' que organizaba o Concello...