HomePolíticaO alcalde de Ribas de Sil, Miguel Sotuela, deixa a alcaldía "por...

O alcalde de Ribas de Sil, Miguel Sotuela, deixa a alcaldía “por xubilación”

Miguel Sotuela anunciou no Pazo de San Marcos que deixa a Alcaldía de Ribas de Sil ao xubilarse, ao igual que fará o concelleiro Luis Rodríguez polo mesmo motivo. Este xoves, 28 de novembro, celebrarase un Pleno na Casa do Concello ás 18:00 horas onde deixarán a súa acta.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Quen foi Alcalde durante 26 anos fixo un repaso do seu tempo no Concello no que se elaborou o Plan Xeral, a rede de saneamento, a construción de traídas de auga novas, a posta en marcha do Centro de Atención a Maiores, a construción dun cámping e de dous museos; así como a adquisición dun camión de bombeiros ou dun camión do lixo. Despois deste tempo e na idade de xubilación aseguran deixar o relevo a xente máis nova, “Chegou o momento de dar un paso a un lado na política. É unha filosofía que tiñamos de servizo público os dous e no momento no que nos xubilamos debemos deixar que outra xente máis nova continúe o labor que nos viñamos desenvolvendo”, así explicou o rexedor a decisión que veñen de adoptar.

“Queda en boas mans o Concello, xente con moita experiencia que leva con nós moitos anos e que sabe perfectamente rexer o Concello. Darán continuidade ás liñas de traballo que viñamos desenvolvendo”, avanzou.

Pola súa banda, Tomé Roca valorou o traballo desenvolvido ao longo destes anos polos dous e desexoulles unha “xubilación moi longa, que desfrutedes nova etapa xunto á familia, pero non deixedes de estar”.

Este anuncio fíxose despois de que Miguel Sotuela asinase co presidente da Deputación, José Tomé, un acordo de colaboración polo que a institución provincial achega de 118.000€ para desenvolver un conxunto de actuacións que mellorarán os servizos e dotacións públicas deste municipio. Os proxectos teñen un orzamento total de 182.211,71 €€, dos que o Concello achega a cantidade restante.

En concreto, vaise facer a instalación eléctrica do cámping, a optimización enerxética das instalacións do alumeado público, adquirir programadores astronómicos para o alumeado público e farase un conxunto de melloras na casa consistorial.

Así mesmo, pavimentaranse os camiños na Cabarca e Piñeira, e mellorarase o camiño de Filgueiro aos Vilares. Tamén se vai adquirir un compresor para a ETAP, unha rozadora lateral para a prevención de lumes forestais e un remolque plataforma para o transporte de maquinaria. Ademais de adquirir dúas parcelas no termo municipal de Ribas de Sil.

ÚLTIMAS

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...

O PP advirte que “o Goberno de Sánchez non compromete unha data para o remate da rehabilitación da N-540”

Os deputados do PP no Congreso por Lugo e Ourense consideran preocupante que “o...

Xornada de formación ambiental e pesca responsable en Monforte

A cidade de Monforte acolleu unha interesante xornada formativa sobre medioambiente e pesca responsable...