HomePolíticaO PP de Monforte vota en contra do orzamentos "por non solucionar...

O PP de Monforte vota en contra do orzamentos “por non solucionar os problemas de abastecemento e saneamento nin mellorar a calidade de vida”

Os concelleiros do PP de Monforte votaron en contra do proxecto de orzamentos para 2025 defendido este luns polo goberno de José Tomé xa que se trata "dunhas contas irreais que non redundarán na mellora da calidade de vida dos monfortinos nin dos servizos que reciben por parte do Concello de Monforte".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A voceira popular, Katy Varela, xustifica o voto do seu grupo en que “son unhas contas que prevén atacar os petos de todos os monfortinos sen prestar máis e mellores servizos por parte do Concello”.

Katy Varela xustifica esta afirmación en que, por exemplo, nos orzamentos non hai partida específica para levar o abastecemento de auga potable e o saneamento a aquelas zonas do municipio que carecen dos servizo, así como tampouco para solucionar os problemas de roturas e co servizo. “José Tomé non prevé dar este servizo básico aos veciños que carecen del, pero, pola contra, si que prevé aumentar a recadación por multas nun 70% (de 90.000 a 300.000€)”, denunciou.

Tamén fai fincapé a voceira popular na suba de transferencias pola participación nos tributos do Estado “circunstancia que se debe unicamente a que os monfortinos pagamos máis impostos que nunca ao Estado”, é dicir, pagamos máis no IVE, no IRPF ou polos combustibles, entre outros.

Os populares critican que o orzamento de gastos previsto “dispárase aumentando nun 7% con respecto ás contas deste ano. Aínda que pareza reiterativo, os monfortinos pagamos máis taxas, o Concello prevé aumentar o gasto, pero os servizos que recibimos e o estado do municipio non mellora”.

“Segundo a documentación que nos facilitaron, que non é toda, increméntase a débeda pública en máis dun 176% e un 52% as actuacións de carácter económico”, explicou Katy Varela, que engadiu que “veremos en que situación financeira vai a quedar o Concello de Monforte no caso de que Tomé siga por este camiño”.

“Tomé afirma que non vai a endebedar ao Concello, pero non di que hai que pagar intereses e amortizar préstamos”, sen esquecer que “seguimos pendentes de recibir a documentación relativa aos extractos bancarios de contas e créditos, de maneira que estamos pendentes de coñecer con exactitude a realidade económica do concello, que se saberá nese momento”, concluíu.

ÚLTIMAS

En funcionamento a nova iluminación dos aparcamentos do complexo deportivo da Pinguela

Á nova iluminación da zona de aparcamentos do complexo deportivo da Pinguela, destináronse máis...

O Xeoparque organiza unha visita comentada na contorna do túnel de Montefurado

Este próximo sábado 14 de decembro o Xeoparque Montañas do Courel organiza unha xornada...

A Deputación investirá 1,2M€ na modernización do padrón municipal dos 67 concellos da provincia

Para esta iniciativa a institución provincial conta con 1,2M€ que conseguiu do Plan de...

Ampla e variada programación infantil para este Nadal en Chantada

No Pavillón Municipal de Chantada desenvolveranse do 23 de decembro ao 3 de xaneiro,...