HomePolíticaO PP pide desde Bóveda que PSOE e BNG "inicien con urxencia...

O PP pide desde Bóveda que PSOE e BNG “inicien con urxencia o mantemento da rede viaria provincial”

O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, pon de exemplo as estradas de Bóveda, un concello dirixido por un alcalde do Partido Popular, José Manuel Arias, cunhas vías provincias “perigosas e que teñen que sufrir todos os veciños a diario”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No pleno do pasado martes, tanto PSOE como BNG votaron en contra dunha moción do Grupo Provincial Popular na que se reclamaba o arranxo das estradas provincias na zona sur da provincia, un voto en contra que xustificaron en que “xa facían o suficiente no referente ao mantemento da rede viaria provincial”.

Segundo os populares este voto en contra evidencia “a nula sensibilidade e subxectividade” do goberno de José Tomé que “dá un trato diferente aos veciños da provincia, en función da cor política do alcalde que goberne cada concello, polo que pedimos a PSOE e BNG que recapaciten e teñan en conta as reclamacións da veciñanza, xa que a necesidade de mellorar o estado das estradas é a principal reivindicación dos veciños de 66 dos 67 municipios lucenses”.

Poñen como exemplo a a LU-P-0910, en Bóveda, que “cunha simple ollada evidencia a necesidade urxente que ten de realizar tarefas de mantemento. Hai puntos nos que non hai máis dun metro de asfalto de ancho”, denunciou.

Antonio Ameijide critica “a nula sensibilidade” de PSOE e BNG á fronte da Deputación “cuxa única preocupación é dar fondos ilimitados aos seus alcaldes afíns, sen preocuparse por máis da metade dos veciños da provincia”.

Tras este voto en contra, Antonio Ameijide criticou “a nula coherencia” de socialistas e nacionalistas xa que “mentres os concelleiros do PSOE e do BNG votan nos seus concellos a favor de que se arranxen as estradas da Deputación, no goberno provincial desoen aos seus propios compañeiros de partido e votan en contra desta necesidade”.

Pola súa banda, o alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, lamenta “o sectarismo” do goberno provincial. “A realidade non é que castiguen ao alcalde de Bóveda, o que están a facer o PSOE e o BNG dende o goberno da Deputación é maltratar e poñer en perigo a todos os veciños de Bóveda”, denunciou.

ÚLTIMAS

Os centros de ensino de Monforte levan a escea as súas pezas teatrais no mes de maio

O XXXII Certame Municipal de Teatro para centros de ensino de Monforte contará con...

Accidente múltiple en Sober por mor da saraiba

Dous vehículos chocaron e un terceiro saíuse da estrada este martes no municipio lucense...

Renfe reforza a conexión Galicia-Madrid con máis de 4.200 prazas extra para viaxar esta Semana Santa

Renfe oferta 4.200 prazas extra para a conexión entre Galicia e Madrid con motivo...

“Quiroga é un viño”, camiseta oficial para promocionar a Feira do Viño que pecha a Semana Santa

Esta semana o rexedor local, José Luís Rivera, presentaba a camiseta realizada para celebrar...