HomePolíticaO PP pide ao Goberno de Sánchez que aclare se vai facilitar...

O PP pide ao Goberno de Sánchez que aclare se vai facilitar un acceso peonil en Santo Estevo do Sil

Os deputados do PP lucense esixen dende o Congreso ao Goberno de Sánchez que aclare se ADIF vai facilitar un acceso peonil aos veciños de San Estevo do Sil, en Pantón, que viron como se suprimiu coas obras de modernización da liña 810 (Ourense - Monforte de Lemos) o paso habilitado para cruzar as vías que estaba autorizado e sinalizado na estación sen ningunha outra alternativa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O deputado monfortino, Francisco Conde, explica que, “coa supresión do paso a nivel e o peche metálico que está previsto instalar sobre un pequeno muro xa levantado nas inmediacións da estación, quedarán illadas as vivendas, propiedades e viñedos e imposibilitarase a comunicación entre ambas marxes da vía”.

O popular engade que “a única alternativa para poder chegar a esas vivendas é dar un gran rodeo por un camiño cunha escarpada pendente, na ladeira da montaña, e despois usar unhas escaleiras, o que se converte en inviable para persoas maiores e con mobilidade reducida”.

Por este motivo, os populares piden explicacións por este “trato discriminatorio”, toda vez que as obras nesta liña ferroviaria incluíron actuacións en plataformas, pasos inferiores e outras estruturas en estacións e apeadoiros. Conde comparte o sentir dos veciños e veciñas que “se senten marxinados e enganados” e lamenta que “tanto as súas queixas coma as do alcaldes sexan desoídas por ADIF de forma flagrante e inxusta”.

Conde sinala tamén que, ademais, son os propios veciños e veciñas os que advirten que o peche que está previsto instalar bloquea a única saída de evacuación dos residentes, habitantes, visitantes e usuarios do ferrocarril en caso de incendio ou inundación. De feito, este núcleo localízase en zona inundable por atoparse próximo -a uns 2 km- e nunha cota máis baixa que a presa de Santo Estevo do Sil. E a estrada da Deputación de Lugo LU-P-4103 (Santo Estevo do Sil – Ferreira de Pantón), que na actualidade presenta moi mal estado, atópase no seu primeiro tramo a unha cota máis baixa que a propia aldea.

Paso hablitado antes das obras / PP provincial

ÚLTIMAS

Galegoza no IES de Quiroga

A deputada de Cultura, Iria Castro, o concelleiro de Servizos sociais, Participación e Dinamización...

“Patitas y Punteras” da monfortina, Tamara Lebón, a exposición no edificio da Xunta en Lugo

Este 17 de decembro ás 19:00h inaugúrase na Sala de Exposicións da Delegación Territorial...

Localizan en Quiroga a un peregrino desaparecido hai unha semana cando facía o Camiño de Inverno

A Garda Civil localizou a un peregrino, de nacionalidade paraguaia, que se atopaba desaparecido nas inmediacións...

“Cando vin que non podía seguir, decidín avisar a toda a familia”, Edu Iglesias, motorista no Dakar

O motorista monfortino Eduardo Iglesias suma unha nova experiencia na súa sexta participación na...