HomePolíticaQue ponte quere a veciñanza para o Barrio da Ponte en Chantada?

Que ponte quere a veciñanza para o Barrio da Ponte en Chantada?

Por Chantada repasa nun comunicado as iniciativas que teñen feito para executar unha ponte para salvar o río Asma e dar acceso a este barrio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde Por Chantada explican que a loita por unha ponte de duplo sentido de circulación no Barrio da Ponte, “que permita peonalizalo e evitar a actual perigosidade para peóns”, leva sendo unha demanda constante e así o defendeu en diversas xestións que desenvolveron desde 2015.

Lembran que en outubro de 2023, aprobouse unha moción da candidatura veciñal Por Chantada-IGV por unanimidade co seguinte contido:

1.-No prazo máximo dun ano, o Concello elaborará un proxecto para construír: (a) unha estrada que decorra desde o transformador (con referencia catastral 002201000PH01E0001YI) á beira do río Asma; e (b) UNHA PONTE que conecte este último punto coa outra beira do río. De ser inviábel, o proxecto recollerá unha alternativa tecnicamente axeitada que permita mellorar a conectividade de San Salvador de Asma e as parroquias ribeirás ao tempo que solventar os graves problemas de seguranza que actualmente sofre o Bairro da Ponte.

2.-No prazo máximo dun ano desde a redacción dese proxecto, o alcalde presentará para a súa aprobación en Pleno unha modificación puntual do plan xeral de ordenación urbana que oficialice o trazado proxectado.

3.- Paralelamente aos trámites previstos nos apartados 1 e 2, a Corporación de Chantada desistirá do convenio dos semáforos acordado no seu día entre alcaldía e Deputación de Lugo e negociará un novo cuxa cerna sexan as obras previstas no proxecto que se elaborará.

4.- O Concello impulsará accións decididas perante outras administracións para a construción dunha ponte de duplo sentido no Barrio da Ponte.

5.- O Concello impulsará un PLANO DE ESPECIAL PROTECCIÓN que englobe o Casco antigo, a Fábrica de Merluza e o Barrio da Ponte pulando pola peonalización, o soterramento dos cabos e o impulso dos valores patrimoniais e paisaxísticos”

Lembrábase naquela moción como a Valedora do Pobo sinalara en 2018 a perigosidade á que se expuñan residentes e peóns, en pleno Camiño de Inverno.

Na sesión plenaria que vén de celebrar o Concello de Chantada o pasado 5 de decembro, PP e PSOE aprobaron unha moción dos socialistas ao respecto da ponte e Por Chantada manifesta o seu asombro con esta aprobación despois de non ter feito nada coa moción presentada por eles fai un ano. Quéixanse de que a moción que se vén de aprobar agora só pide unha obra de paso. A moción recollía:

1º.- Dirixirse á Confederación Hidrográfica Miño-Sil solicitándolle colaboración e axuda para proxectar e executar unha obra de paso sobre o río Asma e os seus enlaces á rede viaria actual.

2º.- Tomar acordo de acometer por parte do Concello de Chantada, no menor tempo posible, unha modificación puntual do plan xeral de ordenación urbana que lle de (sic) encaixe legal á obra de paso e os seus enlaces viarios.

3º.- Incluír o barrio da Ponte dentro das figuras de protección urbanística que o englobe na dinámica do casco histórico de Chantada, xunto con outros elementos senlleiros dentro do seu entorno.

A candidatura veciñal manifesta o seu rexeitamento a ese xeito de facer política, “queren facer crer á cidadanía que a execución do proxecto no barrio da Ponte é unha proposta deles e seguen perpetuando a imaxe caciquil de que se executan obras polo poder as siglas PP e PSOE”.

Por Chantada manifesta a súa preocupación por falar de “obra de paso e nunca de ponte polo que podería ser só para peóns e non para vehículos nin de duplo sentido polo que non solucionaría nada. Se imos gastar fondos públicos que sexa para unha solución real, que permita peonalizar o Bairro da Ponte e integralo posteriormente co Casco antigo e coa Alameda, incluíndo a Fábrica do Merluza”.

ÚLTIMAS

Máis dun cento de persoas asisten á proxección de Reboiras en Monforte

Ao remate da proxección tivo lugar un coloquio no que interviron dous militantes da...

Tomé inaugura o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte coa participación de 3O adegas

Aproveitando a súa intervención, Tomé anunciou que a Deputación Provincial asinará en breve un...

Remátase o muro de sostemento en Gradín para garantir a seguridade viaria en Láncara

Os traballos consistiron na execución dun novo muro de sostemento e na renovación da...

O Concello de Chantada reforza a sinalización turística do Monte Faro

Os novos sinais instalados, mencionan a igrexa de Santiago de Requeixo, a ermida de...